Categorías: Actualidade

O Grupo Socialista considera unha “broma de mal gusto” que máis de 3 millóns de galegos e galegas estean á espera de despexar a axenda social do PP para ter novo presidente

Elena Espinosa compara o proxecto de Altri co fiasco de Pémex e esíxelle a Rueda que aclare a súa viabilidade económica, social e medioambiental

Sinala que a sesión de investidura da próxima semana permitirá contrastar o proxecto do PP coa alternativa que representa José Ramón Gómez Besteiro

A viceportavoz do Grupo Socialista, Elena Espinosa, tildou hoxe de “broma de mal gusto” que 3 millóns de galegos e de galegas tiveran que agardar preto de dous meses co goberno en funcións pola “axenda social” do PP. Así o dixo logo da Xunta de Portavoces na que se fixou a convocatoria da sesión de investidura para o próximo martes, cando “poderemos contrastar as propostas de Rueda co proxecto alternativo de Besteiro”.

Lamentou esta “espera innecesaria” para que a toma de posesión non coincidira coa voda dun alto dirixente do PP de Madrid, ademais de que a propia rolda de consultas do presidente do Parlamento para propoñer ao candidato a presidente da Xunta se vira condicionada pola coincidencia cun acto interno do PP na capital este mesmo luns.

Sinalou que as galegas e os galegos “non temos por que asistir a estas cerimonias particulares” e esixiu “respecto” logo de contrastar a “calma chicha” que inunda ao PP e ao goberno galego logo das eleccións. Advertiu que os galegos e galegas “seguimos agardando polo médico, duplicamos o prazo establecido pola resolución da Dependencia, os nenos e nenas seguen sen ter mestre, os alugueiros continúan disparados e a mocidade marcha porque non atopa traballo de calidade”.

Criticou que “as presas de onte non teñen nada que ver coa calma de hoxe”, en alusión ao adianto electoral, a celeridade coa que comprometeron 500 millóns de euros de orzamento en precampaña nunha “actuación cuestionable”. Tamén, sinalou, anunciaron as subas salariais ao persoal sanitario, habilitaron subvencións ás mariscadoras ou adiantaron o pago das pensións non contributivas, todo iso antes das eleccións.

Altri

A responsable socialista advertiu que os socialistas galegos “estaremos moi atentos” ao que diga o candidato a presidente da Xunta, sinaladamente para que “aclare o proxecto de Altri” que, advertiu, “agardo que non esteamos a falar dun Pemex 2”. Aludiu ao fiasco do proxecto da petroleira mexicana anunciada por Feijóo en precampaña electoral, co compromiso de crear 2.500 postos de traballo ou construír 9 floteis en Galicia.

Espinosa dixo que a postura do Grupo Socialista pasa por defender calquera investimento positivo para Galicia, pero “ten que ter 3 patas, económica, social e medioambiental que non poden separarse”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08