Categorías: Actualidade

O Grupo Socialista leva ao Parlamento o “enchufe” da muller do alcalde popular de Riotorto no seu concello

Patricia Otero sentencia: “O procedemento poderá ser legal, pero eticamente é moi reprobable”

A deputada de Lugo, Patricia Otero, vén de acusar de “enchufismo” ao alcalde popular de Riotorto trala contratación da súa muller como titular dunha praza de administrativa no Concello. Otero levou unha pregunta á Comisión de Administración Xeral do Parlamento de Galicia.

A responsable socialista denunciou o procedemento levado a cabo no Concello de Riotorto, que convocou tres prazas no Concello. A responsable socialista incidiu en que “as bases non foron publicitadas” polo consistorio e “foron asinadas polo propio alcalde”, quen “permanece sen dar explicacións da contratación, ante un procedemento que está cheo dunha falla de ética sen precedentes na historia da vila”.

“Parécenos moi sorprendente que só se presentaran dúas persoas a esta convocatoria, cando o que se requirían era estar en posesión do título de EXB” tendo en conta que nunha convocatoria similar “nun concello próximo se presentaron 150 persoas”, aseverou a socialista.

Otero recalcou que, “nunha situación excepcional como a que estamos a vivir, non é comprensible que unha praza destas características non fose publicitada no BOP nin nas redes sociais do propio Concello”, o que “dá a entender que canta menos xente decate da oferta, mellor”.

“Xa o dicía Fraga, os fillos do PP aproban as oposicións en Galicia porque son máis intelixentes, aínda que non sabemos se isto está demostrado cientificamente”, aseverou a socialista. Otero lamentou que na provincia de Lugo este sexa “un modus operandi habitual do PP”, cando algunhas administracións públicas dirixidas por dirixentes do PP “parecen máis ben empresas familiares”.

Otero instou á Xunta a respectar “os principios de igualdade, mérito e capacidade” nos procesos públicos de selección de persoal e a realizar “procesos abertos e transparentes”. Neste senso, esixiu “non normalizar os casos de enchufismo na administración pública”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24