Categorías: Actualidade

O Grupo Socialista insta ao conselleiro de Medio Rural a “desculparse publicamente” por insinuar supostos cobros de funcionarios á hora de tramitar as solicitudes de curta de madeira

Martín Seco esixe á Consellería que rectifique para que o sistema de solicitude se poida realizar tamén presencialmente e “facilitar o trámite” á poboación do rural

O responsable de Medio Rural do Grupo Socialista, Martín Seco, vén de instar ao conselleiro de Medio Rural a “desculparse publicamente” por insinuar supostos cobros por parte dos funcionarios da Consellería por tramitar as solicitudes de curta de madeira. Fíxoo trala presentación dunha batería de iniciativas no Parlamento de Galicia.

Seco lembrou que o pasado 19 de novembro o conselleiro de Medio Rural anunciou en Twitter a posibilidade de realizar as solicitudes de curta de madeira a través de chamada telefónica no teléfono de información 012, “á vez que insinuaba que existían funcionarios que cobraban pola realización deste trámite de xeito presencial”.

“A indignación de moitos integrantes do colectivo foi maiúscula, o que ocasionou que organizacións sindicais, profesionais e numerosos axentes contestasen ao mencionado tuit, sen que o conselleiro dese probas da súa acusación”, aseverou Seco.

O socialista esixiu ao responsable da Consellería que “se desculpe publicamente” e “que detrás de dita desculpa haxa unha rectificación para que o sistema de solicitude se poida realizar  tamén presencialmente”. Así, incidiu “facilítase o trámite”, xa que “moitos cidadáns no rural non teñen acceso a Internet ou carecen da capacidade técnica necesaria para poder realizar as solicitudes a través da vía telemática”.

Seco recalcou que as acusacións vertidas polo conselleiro foron “moi graves e inaceptables para vir de alguén que dirixe aos traballadores e traballadoras da Consellería de Medio Rural”. Así, subliñou que “a honorabilidade dos traballadores públicos non se pode poñer en cuestión sen achegar probas”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18