
Julio Torrado urxe a “cambiar o modelo” de Atención Primaria fronte a un PP que segue co mesmo esquema “de hai 30 anos”
O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, acusou hoxe ao PP de “desatender” á Atención Primaria porque eles “non teñen que esperar” para ver ao médico, xa que “non usan a app do Sergas”, senón que chaman “por teléfono” para conseguir cita directa. Así o dixo no debate dunha moción na que reclamou “cambiar o modelo” sanitario que o PP rexeitou.
Torrado criticou que o PP manteña un modelo de Atención Primaria “de hai 30 anos”, centrado na dupla médico / enfermeira pero que non está preparado para as necesidades actuais. Sinalou que “hai unha enorme cantidade de categorías que se poden incorporar á Atención Primaria” por exemplo vinculando a saúde mental á Atención Primaria para que poidan dar saída ás citas clínicas e desafogar a saturación dos centros de saúde.
Responsabilizou ao goberno galego de provocar o problema da cobertura de prazas polas malas condicións que están a ofrecer mentres están “obcecados en facer a guerra” contra o Estado. Neste sentido, explicou que os profesionais médicos “non queren” facer a residencia formativa como MIR en Galicia, como demostra que das 207 prazas de Galicia nas primeiras 2.000 da última oferta estatal só foron collidas catro.
O responsable socialista acusou ao PP de “negarse tres veces” cando “minten” ao falar do escaso investimento en Atención Primaria, do persoal sanitario contratado e dos salarios dos médicos en formación. Logo da intervención do conselleiro no último Pleno, no que dixo que o Consello de Contas “non é dios”, Torrado esgrimiu os informes do Ministerio de Sanidade en base aos datos da Xunta que confirman que en Atención Primaria só invisten o 12 por cento.
Continuou desmentindo os datos de persoal do goberno galego, xa que de acordo co anexto de persoal dos Orzamentos da Xunta Galicia nunca superou os 9.621 profesionais de Atención Primaria de 2009, antes de chegar o PP. Finalmente, presentou o informe do sindicato médico de Granada que o propio conselleiro citou na súa intervención e que confirma que Galicia é a Comunidade Autónoma que peor paga aos MIR nos cinco anos de formación.
Proposta
O responsable socialista lamentou o voto en contra do PP á moción que presentou hoxe para reclamarlle ao goberno galego que incrementara o salario dos MIR de Atención Primaria e que amplíe o volume de persoal na categoría de enfermería, ampliando as súas funciósn de acordo coa capacitación formativa.
Os socialistas propuxeron unha avaliación da incorporación de novas categorías profesionais á Atención Primaria segundo a súa viabilidade económica e a necesidade asistencial, e comezar un programa piloto de vinculación dos servizos completos de Saúde Mental coa Atención Primaria.