Categorías: Actualidade

O Grupo Socialista denuncia que a privatización do aborto por parte da Xunta “atenta directamente contra o dereito das mulleres”

Noa Díaz acusa ao goberno galego de incumprir a Lei de Saúde Sexual de Reprodutiva pola vía dos feitos para “facerlle as beiras a Vox e aos grupos de poder ultraconservadores que cohabitan no PP”

A portavoz de Igualdade do Grupo Socialista, Noa Díaz, alertou hoxe de que o contrato do Sergas para privatizar a interrupción voluntaria do embarazo de 9 a 14 semanas, coñecido este mes de agosto, “atenta directamente contra o dereito das mulleres a abortar como decidamos”. Díaz presentou unha pregunta oral no Pleno do Parlamento na que denunciou que este será “o único proceso asistencial no país que vai estar completamente privatizado podendo facerse na pública”.

A parlamentaria socialista acusou ao goberno galego de externalizar os abortos, convertendo en norma o que debera ser unha excepcionalidade, para “facerlle as beiras a Vox, con quen van asinando pactos da vergoña onde poden”, así como tamén a “grupos de poder ultraconservadores que cohabitan no seu propio partido”.

Díaz denunciou este “indecente posicionamento ideolóxico” do goberno galego para incumprir pola vía dos feitos a Lei de Saúde Sexual e Reprodutiva de 2010, que de acordo coa reforma aprobada este ano garante que as mulleres que decidan abortar poidan facelo no centro público hospitalario máis próximo, e que exista persoal que non se declare obxector de conciencia.

A responsable socialista acusou ao conselleiro de desmentir agora as súas propias declaracións do pasado mes de xaneiro, cando garantía que Galicia contaba con medios e a obxección de conciencia “non era problema”. Lembra que no contrato publicado en agosto xustificaban a externalización deste servizo precisamente na falla de recursos materiais e humanos e no dereito a exercer a obxección de conciencia”.

Noa Díaz cualifica de “indignante e de todo punto inadmisible” tanto esta “nova fórmula de contratación privada do servizo” como a apelación á obxección de conciencia, contraria á Lei. Explicou que o contrato do Sergas prevé dedicar medio millón de euros para derivar a centros privados a interrupción de 800 embarazos de entre 9 e 14 semanas, exactamente a mesma cifra de abortos practicados en Galicia durante o ano pasado, cando 560 foron derivados á privada.

A responsable socialista puntualizou que hoxe o 70 por cento das interrupcións voluntarias do embarazo de entre 9 e 14 semanas de xestación -as afectadas polo contrato publicado polo Sergas- se realizan en clínicas privadas, unha cifra que “o conselleiro non quere facer pública porque non lle interesa”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O Parlamento aproba a proposta socialista para instar á Xunta a promover políticas que impulsen a incorporación da muller ao traballo de calidade

Carmen Rodríguez Dacosta criticou que o PP, cando chegou ao Goberno no 2009, “eliminou todas as políticas de igualdade no…

14/05/2024 20:09

O PP vota no Parlamento en contra das bonificacións ás peaxes

Carlos López Font presenta no Parlamento como emenda o acordo de investidura coa proposta “sensata e coherente” para ir cara…

14/05/2024 19:35

O Parlamento aproba unha proposta socialista para reclamarlle ao PP que levante o bloqueo á renovación do CXPX

Paloma Castro denuncia a “utilización política” con Consello Xeral do Poder Xudicial por parte do PP e reclámalles que cumpran…

14/05/2024 19:23

Silvia Longueira reclama un novo modelo de atención temperá ampliando o servizo de acordo co sector asociativo

Apunta ao reaxuste do modelo como “momento óptimo para atender ás demandas de tódalas asociacións que traballan pola plena inclusión”…

14/05/2024 14:19

Besteiro pide o consenso parlamentario para defender a oficialidade do galego na Unión Europea

O voceiro do Grupo Socialista sinalou, nunha comparecencia acompañado polo eurodeputado Nicolás González Casares, a necesidade dun acordo de país…

13/05/2024 16:56

Carmen Dacosta cualifica de “incoherente e lesiva” a extinción da Axencia Galega da Industria Forestal por parte da Xunta

Considera “un gran paso atrás” a supresión do organismo para traspasar as competencias á Consellería de Economía   A portavoz…

12/05/2024 11:00