Categorías: Actualidade

O Grupo Socialista defende a intervención pública temporal de Alcoa para a súa posterior venda a un investidor privado e lamenta a falla de compromiso da Xunta co futuro da planta de San Cibrao

Martín Seco acusa ao PP de obviar a responsabilidade da Xunta de traballar “conxuntamente co goberno do Estado” na aplicación de medidas para o “mantemento da actividade industrial e dos postos de traballo de Alcoa”

Insta aos grupos a “arrimar o ombro”, xa que “o verdadeiro inimigo é Alcoa”, que pretende “deslocalizar a produción” e restrinxir a competencia

O portavoz de Industria do Grupo Socialista, Martín Seco, defendeu hoxe no Parlamento a intervención pública temporal de Alcoa para habilitar a súa posterior venda a un investidor privado. Así o dixo no debate dunha iniciativa parlamentaria presentada polo BNG que os socialistas emendaron para instar á Xunta a “traballar conxuntamente co goberno”, que non foi incorporada para substituíla por outra do PP, co beneplácito do BNG, reducindo o papel do goberno galego a “demandar do Goberno Central”.

Os socialistas apoiaron, sen embargo, esta proposta para apoiar “o mantemento da actividade industrial e dos postos de traballo de Alcoa”, que tamén figuraba na proposta socialista na defensa, explicou Seco, “dunha comarca como A Mariña que necesita desta actividade para sobrevivir”.

O portavoz de Industria do Grupo Socialista pediu abandonar “posicións maximalistas” e pór o “foco no importante”. Seco lamentou que “despois de 34 anos de goberno do PP na Xunta non se apostou por facer unha política de promoción e impulso da actividade industrial que deixa a esta comarca sen alternativas”.

O socialista pediu deixar “a campaña electoral e a pancarta para ter unha estratexia conxunta contra o verdadeiro inimigo que é unha compañía como Alcoa, que o único que desexa é deslocalizar a produción de aluminio fóra de España e manter o monopolio para seguir vendendo no noso territorio”. Neste senso, solicitou aos grupos políticos “arrimar o ombro”, xa que “dos representantes políticos se agarda máis que unha camiseta e un berrar ‘cubas si, yankis fóra’”

Seco pediu “non pór o carro antes que os bois” e lamentou que “ultimamente” se fala de “nacionalizacións como solución a todos os problemas”, pero lamentou a falla responsabilidade do goberno galego. O socialista dixo que “se espera máis da política e dos políticos que mensaxes populistas” ou “solucións máxicas”.

Por outra parte, instou á consellería de Industria a tomar as “accións pertinentes” ante os “graves incumprimentos laborais” da empresa, e a facer “o seu traballo en materia laboral para facilitar que se paralice o ERE”. Ademais, solicitou ao goberno galego que tome medidas para reclamar “os incumprimentos medioambientais desenrolados por Alcoa nos últimos anos”.

Finalmente, o responsable socialista reclamou “unidade de acción” para que “os traballadores saiban” que teñen todos os partidos políticos “preocupados e traballando a reo por unha solución”. Seco destaca que é preciso pór “o chantaxe contra as cordas” de “unha empresa irresponsable” que “quere facer negocio a costa da vida dos nosos cidadáns”.

Alu Ibérica

Con respecto a Alu Ibérica, Seco urxiu ao PP a tomar medidas con respecto á situación da factoría para que “non fagan como no caso da factoría de San Cibrao, agardando ata o final” para “ver como se destrúe unha actividade industrial ou simplemente botándolle a culpa a outros mentres agochan as súas competencias en materia industrial”. Neste senso, o socialista solicitou ao goberno galego a “formar parte das solucións”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18