Categorías: Actualidade

O Grupo Socialista critica “o desleixo” da Consellería de Medio Rural e “o seu abandono nos servizos de prevención”

O PP rexeita unha proposta socialista para incrementar máis axentes de investigación forestal e “mellorar a coordinación na loita contra o lume”

Martín Seco insta á Xunta a recuperar a actividade agraria e forestal como “auténtica base na loita contra incendios”

O responsable de Política Forestal do Grupo Socialista, Martín Seco, instou á Xunta de Galicia a levar a cabo políticas públicas “eficaces” para loitar contra o abandono do rural, “a auténtica base na loita contraincendios”. Seco solicitou á Consellería que “se deixen de tanto anuncio a bombo e platillo” nos medios de comunicación para levar a cabo “políticas de impulso da actividade nos territorios abandonados polos sucesivos gobernos do PP”. A moción, presentada hoxe ao Pleno do Parlamento de Galicia, foi rexeitada polo PP.

Neste senso, Seco denunciou o “desleixo” da Consellería de Medio Rural e “o seu abandono dos servizos de prevención”, asegurando que “o monte galego está como está porque o goberno galego non cumpre as leis”. O responsable socialista dixo que “ano tras ano arden os mesmos lugares de Ourense”, o cal “xa se trata dun clásico, como se falásemos dunha película de Frank Capra”.

O responsable socialista instou ao goberno galego a cambiar “as políticas de defensa do monte e tamén ás persoas que as dirixen” por “alguén cun criterio máis innovador que a resignación”. Seco lamentou que todos os anos “nos resignamos a esperar a que chegue a choiva para que se apaguen os lumes” porque “os señores do PP”, considera, “son incapaces de facer algo diferente”.

Neste marco, sinalou que as actividades gandeiras son “marxinais” na provincia de Ourense e laiouse de que a Xunta “non busque unha saída produtiva a miles de hectáreas de concentración parcelaria abandonadas cando este país é deficitario en produción de alimentos e forrase para a nosa cabana gandeira, tendo que importalas doutros continentes”. Ademais, instou á Xunta a realizar “verdadeiras políticas” de mobilización de terras, así como a “incentivar a produción” e a “xestión forestal”.

En canto ás “miles de hectáreas calcinadas”, Seco solicitou á Xunta a ir “un paso máis adiante” para actuar no Parque Natural do Xurés e no Macizo Central. O responsable socialista “urxe a restauración dos montes calcinados e axudar ás poboacións afectadas polo lume” para evitar que “a erosión do terreo, a perda de solo e os arrastres do lume non contaminen os ecosistemas fluviais”.

Persoal

Doutra banda, Seco lamentou o veto do PP a unha proposta socialista para incrementar máis axentes de investigación forestal e “mellorar a coordinación na loita contra o lume”. O responsable socialista denunciou tamén as “múltiples baixas de axentes forestais sen cubrir” e reivindicou “unha falla sistemática de coordinación dos diferentes medios terrestres” con brigadas que “deberían ter ao menos 5 axentes”, pero lamentou, “en ocasións entran con 2 ou 3 compoñentes e, nalgún caso, con un só compoñente”. Isto, entende, é “persoal claramente insuficiente para loitar contra o lume”.

Seco pregou ao conselleiro que “poña cabeza á busca dunha solución para os técnicos do servizo de prevención e loita contra os incendios forestais que, simplemente buscan unha mellor organización do traballo para poder desenvolvelo coa calidade necesaria”. Ademais, denunciou que a Consellería de Medio Rural renunciou a “ampliar axentes dedicados a investigación” cando esta cuestión, asegura, estaba contida no Pladiga de anos anteriores.

Por último, reclamou á Xunta “avanzar na profesionalización do sector” nun “traballo de alto risco” no que “en moitos casos non se garanten unhas condicións salariais axeitadas ni o equipamento material e técnico axeitado”.

Plan de educación ambiental e concienciación

Por último, o responsable de Política Forestal lamentou que non haxa “campañas de formación e sensibilización dirixidas ao conxunto da poboación escolar” e argumentou que “non hai vontade de levar adiante estas actuacións imprescindibles para mudar comportamentos”. Seco argumentou que “se queremos que se poñan en valor os ecosistemas forestais de Galicia, débense levar adiante campañas de educación” e, neste eido, “atopámonos con que a amior parte das chamadas aulas forestais están pechadas”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08

Paloma Castro pídelle á Xunta que habilite a cobertura do espazo deportivo do CEIP Ponte Sampaio, en Pontevedra

Paloma Castro sinala que os escolares “merecen un entorno axeitado” e un espazo cuberto no que practicar deporte e que…

24/04/2024 12:41