Categorías: Actualidade

O Grupo Socialista cualifica de “inaudito” o “derribo express” da estación de autobuses de Ourense “antes de rematar a primeira fase das obras da nova terminal”

Carmen Rodríguez Dacosta denuncia que a Xunta teña aos viaxeiros “hacinados en dúas marquesiñas, ao frío e á choiva” no vial externo da estación para dar servizo de autobuses á terceira cidade de Galicia

A deputada ourensá Carmen Rodríguez Dacosta vén de denunciar como “inaudito” o “derribo express” da Estación de Autobuses de Ourense, localizada en O Pino, “antes de que remate a primeira fase das obras da nova terminal intermodal”, localizada no barrio da Ponte. Fíxoo, hoxe, no Pleno do Parlamento nunha pregunta á conselleira de Infraestruturas.

Rodríguez Dacosta criticou que as obras de demolición da actual estación “comezasen o 26 de outubro”, o que supuxo o “caos”, xa que se pechou a instalación “meses antes” de que se conclúa a obra da nova estación de autobuses intermodal, fronte á proposta inicial da Xunta que asegurou “que sería trasladada ao barrio da Ponte, unha vez concluídas as obras da primeira fase da terminal”.

Así, subliñou, tal e como recollen informacións publicadas na prensa local, que o goberno galego “prohibiu” facer uso da planta superior do “vello edificio” e instalou, de forma provisional, “só dúas marquesiñas” no vial externo da estación, “onde se atopa o aparcadoiro de coches e a parada de taxis”, para dar servizo de autobuses á terceira cidade de Galicia.

Isto supón, lamentou, que tanto viaxeiros como choferes “estean hacinados, ao frío e á choiva” e “non poidan guarecerse mentres agardan polo autobús nin facer uso dos lavabos que están no interior do edificio”, co que teñen que empregar “unha latrina móbil de obra”. Rodríguez Dacosta asegurou que isto reflicte que “Feijóo despreza a Ourense”, por iso “mantén a Jácome no goberno”.

“SOLUCIÓNS URXENTES” PARA O CENTRO DE SAÚDE DA PONTE

Por último, a responsable socialista pediu ao goberno galego “solucións urxentes” para “o atrincheiramento que están a realizar no Centro de Saúde da Ponte”, localizado ao lado da futura Estación Intermodal. Rodríguez Dacosta lamentou que a Xunta construíu “un muro de dous metros feito con bloques de formigón”, en vez de “deseñar unha barreira vexetal na contorna”, tal e como detallaba o proxecto inicial.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Julio Abalde reclama un plan específico para garantir un ensino “de calidade, inclusivo e equitativo” no rural galego

Acusa á Xunta de seguir un criterio “unicamente economicista” e advirte que o ensino de calidade “é imposible sen medios…

08/05/2024 19:10

O Partido Socialista de Galicia pedirá personarse na causa de Montoro polos chivatazos xudiciais contra Besteiro e Orozco

O Ministro do PP recibía con antelación información privilexiada de actuacións xudiciais contra os socialistas O secretario de organización do…

08/05/2024 12:21

O PP négase a apoiar no Parlamento unha proposta socialista pedíndolle á Xunta unha “reacción política” para impulsar a atención ás drogodependencias e reforzar a loita contra o narcotráfico

Paloma Castro advirte que o goberno galego está a incumprir o acordo parlamentario para asumir a xestión das Unidades de…

08/05/2024 11:00

Lara Méndez reclámalle á Xunta que apoie á viticultura heroica da Ribeira Sacra con recursos específicos para garantir a supervivencia da produción

Salienta a importancia desta modalidade produtiva para o mantemento da paisaxe e da poboación rural, e que sustenta a súa…

07/05/2024 18:33

Julio Abalde acusa á Xunta de responder con “medidas parciais e cosméticas” á caída estrutural da produción marisqueira

Reclama un Plan de axudas estables que permita a pervivencia do sector, que sufriu unha redución da produción de máis…

07/05/2024 17:21

Besteiro ve “con moita alarma” o descontrol que o Consello de Contas está detectando na contabilidade do Sergas

O secretario xeral do PSdeG reivindicou o potencial da industria galega durante a súa visita a TMC Cancela, unha empresa…

07/05/2024 16:05