Categorías: Actualidade

O Grupo Socialista cualifica de “chiringuito baltariano” a Fundación Tecnolóxica da Carne, investigada por presunta prevaricación, falsidade documental e malversación

Martín Seco lamenta os “graves problemas de xestión” dos centros de investigación dependentes da Axencia Galega de Calidade Alimentaria, dependente da Xunta

Denuncia a falla dun plan a medio e largo prazo nos centros de formación, que están a sufrir “descoordinación” e “esquecemento”

O responsable de Medio Rural do Grupo Socialista, Martín Seco, vén de denunciar a situación da Fundación Tecnolóxica da Carne, constituída “en base a un chiringuito baltariano” e investigada por presuntos delitos de prevaricación, falsidade documental e malversación de fondos públicos. Fíxoo, hoxe, trala comparecencia do director de Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL), na Comisión de Agricultura do Parlamento.

Seco alertou sobre a existencia de “graves problemas de xestión” no Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM), no Centro de Investigacións Forestais de Lorizán (CIF) e na Estación de Victicultura e Enoloxía (EVEGA).

O responsable socialista criticou a política de recursos humanos destes centros dependentes da Consellería de Medio Rural, nos que existe unha “falla de relevo xeneracional”, así como unha “falla de estabilidade” por mor dos contratos temporais, a miúdo “ligados a proxectos Europeos e con duración limitada”. Así, incidiu en que “non se entende por que a Consellería é incapaz de artellar un proceso selectivo que permita a contratación de doutores”, como é o caso das universidades.

Ademais, lamentou o “tempo que perden os investigadores en burocracia”, á hora de “facerse con fontes de financiamento procedentes de Fondos Europeos para poder seguir contratando ao seu persoal” e criticou os investimentos “escasos”, así como a “incapacidade para xestionalos ao ter persoal insuficiente nos servizos centrais”.

CENTROS DE FORMACIÓN AGRARIA

Seco incidiu en que “un país que avanza ten os cimentos na formación”, e aludiu a casos como o de Francia, que “dan enorme importancia aos centros de capacitación agraria”, o que supón que dispoñan, dun sector “cada vez máis forte”.

O responsable socialista recalcou a importancia de contar cun “plan de transferencia real nos centros”, nos que poder “poñer en contacto a investigadores e produtores”, que permitan “poñer en contacto a formación e investigación”, que se atopan “totalmente desvinculadas actualmente”. Nesta liña, lamentou que a formación continua consista en facer cursos de tempo libre, “tipo asociación veciñal” e esixiu á axencia “ir máis aló e responder ás carencias do sector”.

Seco esixiu á Consellería a elaboración dun “plan de aquí a 10 anos”, cunha “ruta marcada”. Urxiu unha planificación “mellor”, “non duplicar esforzos” e “atender as necesidades do norte da provincia”.

Por outra banda, subliñou que “é inadmisible que se planten obras faraónicas nun centro como o de Serguide, escaparate do rural”. Así, criticou que non se teña “en conta o proxecto educativo do centro ou que se plante a creación dun centro en Toén de formación, cando o alumnado residente en Serguide vive nun internado con aspecto de inclusa do século XIX”.

Nesta liña, criticou o “esquecemento” dos centros da provincia de Lugo, nos que “a penas hai actividade”. Así, subliñou que “os cursos de cociña para amas de casa e os encontros de peñas de fútbol non xustifican a presencia no centro Pedro Murias dun cadro de persoal sen traballo”.

O responsable socialista calificou o caso de Monforte como “o máis preocupante”, xa que “caeu no esquecemento dende hai 10 anos” e, malia contar cunha boa ubicación e unhas boas instalacións, a Consellería decidiu facer deste centro un centro especializado “en teleformación”, con “equipos informáticos obsoletos”. Por último, lamentou que o centro de Becerreá, situado a gran altitude, “se quixo converter nunha escola de pastoreo, pero tras un ano argallando, quedou en nada”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28