Categorías: Actualidade

O Grupo Socialista critica que as axudas da Xunta para os sectores máis afectados pola covid sexan “insuficientes” e estean “chegando a pingas”

Francisco Rivera fai un chamamento ao goberno galego para que “esgote a súa capacidade de endebedamento e de gasto” ante un “momento dramático para o conxunto do país”

O responsable de Economía do Grupo Socialista, Juan Carlos Francisco Rivera, criticou que as axudas da Xunta para os sectores máis afectados pola covid sexan “insuficientes” e estean “chegando a pingas”. Fíxoo, hoxe, no Pleno do Parlamento, trala presentación dunha moción, que foi rexeitada polo PP.

Francisco Rivera incidiu en que as medidas do goberno galego “non teñen empaque para impactar nunha crise como a que estamos vivindo” e subliñou que “os orzamentos da Xunta permiten unha reacción moito máis amplia da que está a dar neste momento”. “Non pedimos que a Xunta adoite solucións máxicas e imposibles, pedimos respostas para esta situación dentro das capacidades orzamentarias da Xunta”, aseverou.

Nesta liña, instou ao goberno galego a que “esgote a súa capacidade de endebedamento e de gasto” ante un “momento dramático para o conxunto do país”, tendo en conta que dispón duns “orzamentos expansivos que incorporan 1.574 millóns de euros de suplemento de gasto grazas ás achegas do goberno do Estado”. Así, destacou que “sen Orzamentos Xerais do Estado, este tipo de transferencias serían imposibles”.

O responsable socialista pediu á Xunta que “escoite as demandas da FEGAMP”, en relación aos fondos autonómicos dedicados aos concellos e á cobertura por parte da Xunta do financiamento de servizos prestados polas administracións locais “que van máis alá das súas competencias”.

Así, requeriu ao goberno galego a aprobar “de xeito inmediato” axudas directas ao sector dos hoteis, restaurantes e cafeterías “por importe de 100 millóns de euros”, xa que as axudas aprobadas ata o de agora son “insuficientes”. O socialista subliñou que “se facemos contas” e dividimos os “17 millóns de euros entre os 19.000 negocios de hostalería que hai en Galicia, as axudas saen a pouco máis de 800 euros por negocio”.

Doutra banda, urxiu ao goberno galego a dotar dun fondo extra de 70 millóns de euros para “compensar aos concellos, principalmente pola desinfección das escolas e polos gastos de emerxencia social” derivados da situación da covid.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04