Categorías: Actualidade

O Grupo Socialista critica a “falla de orientación” e a “incapacidade de xestión pública” demostrada pola Xunta na ordenación do territorio

Luís Álvarez lamenta que o goberno galego rexeite un “pacto polo territorio, non partidista, e capaz de sentar as bases a medio prazo”

O voceiro de Ordenación do Territorio do Grupo Socialista, Luís Álvarez, vén de criticar a “falla de orientación” e a “incapacidade de xestión pública demostrada pola Xunta de Galicia”, nos últimos anos, para a planificación estratéxica e a ordenación do territorio de Galicia. Fíxoo no debate final sobre o proxecto de Lei de ordenación do territorio de Galicia que se celebrou, hoxe, no Pleno do Parlamento, e que contou co voto en contra do PSdeG.

“Vemos como en Galicia, dende 2009, foise progresivamente esquecendo a idea de facer país. Foise esquecendo a idea de ter un pacto polo territorio, non partidista, e capaz de sentar as bases dun desenvolvemento a medio prazo”, lamentou Álvarez. Nesta liña, o responsable socialista criticou que das 134 emendas presentadas polo Grupo Socialista ao proxecto de Lei, “coa mellor vontade de mellorar o texto”, foron rexeitadas 113.

Neste fío, Álvarez criticou a falla de motivos que “acrediten” a necesidade dunha nova lei, “xa que o mero feito das máis de dúas décadas de vixencia da actual, non resulta argumento suficiente, por canto que existen outras moitas leis autonómicas anteriores que non necesitan ser substituídas”.

Así, lembrou que “incluso a Xunta ten recoñecido” que o modelo de desenvolvemento territorial recollido na Lei vixente e nas directrices de ordenación do territorio de 2011 “é flexible e conta con percorrido” ou cando salienta a “utilidade” de determinados instrumentos de ordenación existente, “que agora se pretenden eliminar”.

Nesta liña, incidiu en que as directrices de ordenación do territorio, malia que “perderon parte das fortalezas dos documentos iniciais, aínda hoxe plantexan un documento de partida moito máis atractivo que as leis que se desenvolveron posteriormente, onde a visión liberal do solo faise máis presente”.

O responsable socialista cualificou de “sorprendente” que a Xunta argumente a “inutilidade” de determinados instrumentos “cando foi o propio goberno autonómico o que se desentendeu de promovelas, evidenciando a súa propia ineficacia, que agora tenta transmutar en obsolescencia”.

Doura banda, criticou que o novo texto “encubre cambios importantes e concretos”, que “precisan dun corpo legal para ser levados á práctica, como é a problemática introdución de novas figuras”, como os “proxectos de interese autonómico”.

Por último, lamentou que estes novos instrumentos “se formulan dun xeito distinto ao actuais plans de incidencia supramunicipal”, o que supón que se configuran “como instrumentos de ordenación directa por parte da Xunta”, o que “posibilita que se lesione o principio de autonomía municipal e supón unha ameaza para a totalidade do territorio”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18