Categorías: Actualidade

A Lei de Pesca Fluvial da Xunta reduce á metade as sancións por contaminación e reduce as obrigas para as hidroeléctricas

“Esta Lei pasará á historia por ser menos ambientalista que a que fixo Fraga hai 28 anos”, así resumiu o portavoz de Medio Ambiente do Grupo Socialista, Pablo Arangüena, o trámite parlamentario da nova Lei de Pesca fluvial que vén a substituír a norma aprobada en 1992 e que foi aprobada co voto en contra do PSdeG. O texto incorpora “algunhas das 89 emendas presentadas polos socialistas, pero xustamente as menos transcendentais”.

Arangüena acusou ao goberno galego de estar “máis interesados en permitir todo tipo de tropelías nos nosos ríos ou de facilitar que as grandes empresas hidroeléctricas sigan explotando o noso patrimonio hídrico común”. Sinalou que “Galicia foi hai décadas un paraíso da pesca que podería voltar selo se en troques de impulsar unha Lei que menoscaba e tende a desmantelar a protección dos ríos fixeran na práctica cumprir a Lei de 1992”.

Dixo que a Xunta leva “11 anos sen cumprir coa súa obriga de sancionar, prever, mellorar a situación dos ríos galegos”, para agora reducir á metade as sancións por vertidos e relaxar o control e as esixencias para as explotacións hidroeléctricas. Arangüena criticou que o goberno galego “permite e ampara todo tipo de incumprimentos das concesionarias, e favorecer a esas mesmas empresas de tódolos xeitos posibles”.

Sinalou que Galicia “ten unha das maiores concentracións de presas de España, e España é o primeiro país da UE e o quinto do mundo en número de presas”. E agora, continuou, “a Xunta fai desaparecer como infracción grave o incumprimento do caudal ecolóxico, ou o incumprimento da obriga de instalar e manter en boas condicións dispositivos de remonte”, só esixidas para as novas concesións sen afrontar o incumprimento das concesións anteriores”.

Explicou que a Lei “non concibe aos ríos como ecosistemas, senón como lugares para o exercicio dun ficticio dereito á pesca, pero sen nada que pescar”. Advertiu ademais que “os bosques de ribeira son fundamentais e nin se tratan nesta Lei”, lonxe da visión da pesca como defensa do medio fluvial e máis cerca do “desleixo do PP polo Medio Ambiente e pola riqueza piscícola” que provocaron a redución das licencias de pesca dende 90.000 hai dez anos a 45.000 hoxe.

Río Furelos

O parlamentario socialista puxo como exemplo da xestión da Xunta a inacción da conselleira de Medio Ambiente fronte aos vertidos ao río Furelos, primeiro como alcaldesa de Melide e despois xa dende o goberno galego. Logo de 15 anos “sen facer nada para remedialo e permitido que o río fora contaminado reiteradamente pola falla da depuradora no parque empresarial”, o proceso está hoxe en mans do xulgado de instrución de Arzúa.

Lembrou ademais que “esta fin de semana soubemos da denuncia contra a Xunta por tardar 15 meses en responder ás alegacións de particulares e ecoloxistas e deixar pasar o prazo para reverter a concesión de explotación hidroeléctrica do río Verdugo logo de 130 anos”. Hoxe está “en mans de Naturgy, unha empresa que recibiu numerosas denuncias por infracción do caudal ecolóxico e inadecuada conservación dos dispositivos de remonte”.

Pablo Arangüena explicou que a norma “na práctica supón un retroceso na protección” dos ríos de Galicia, empeora “significativamente” o anterior texto de 1992, e ademais resulta “innecesaria, agás para tapar a escasa actividade lexislativa da Consellería de Medio Ambiente”. Explicou que “o problema non é a longa vixencia da Lei anterior, senón o incumprimento das competencias da Xunta para impedir as agresións aos ríos e o constante deterioro dos ecosistemas fluviais”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18