Categorías: Actualidade

O Grupo Socialista critica a “falla de investimentos” da Xunta no Concello de Nigrán

Leticia Gallego e o alcalde de Nigrán reclaman varias demandas que o PSdeG levou nas emendas aos orzamentos da Xunta, como a reparación do emisario submariño e a mellora das beirarrúas na estrada PO-552 á altura de Priegue

A deputada socialista por Pontevedra, Leticia Gallego, mantivo esta mañá unha xuntanza co alcalde de Nigrán, Juan González, e co seu concelleiro de Urbanismo, Diego García, para avaliar as necesidades do municipio.

Gallego criticou a “falla de investimentos” da Xunta de Galicia no Concello de Nigrán, onde o goberno galego “non fai nada, ao igual que ocorre noutros municipios que están gobernados por alcaldes do PSdeG”. Así, a responsable socialista lamentou que nos orzamentos da Xunta de 2021 “non se recollan as demandas deste municipio, que o PSdeG levou nas súas emendas territoriais aos orzamentos”.

Neste senso, a socialista pediu á Xunta a reparación do emisario submariño da EDAR, unha reclamación “urxente” e “feita xa nas contas de 2020”, xa que a infraestrutura “verte auga depurada a menos de 200 metros de praia América”, o que podería supór “un risco para a saúde pública”, se houbese unha avaría na EDAR.

Doutra banda, Gallego solicitou ao goberno galego que dote de novas beirarrúas á estrada PO-552 ao seu paso por Priegue, xa que as actuais están “destrozadas” e son “inaccesibles”, o que supón “un grande problema” para persoas con mobilidade reducida ou para aqueles que transiten cun cocheciño de bebé.

Por último, a deputada avanzou que o Grupo Socialista levará ao Parlamento galego estes dous asuntos, a través da presentación dunha batería de iniciativas, xa que “non é de recibo a inacción da Xunta” coas demandas da veciñanza de Nigrán.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28