Categorías: Actualidade

O Grupo Socialista alerta da “estratexia de derrube do sistema público” por parte do PP para “deixarlle un solar ao sector privado”

Luis Álvarez anuncia unha ofensiva parlamentaria para blindar a sanidade, educación, Dependencia e vivenda pública

Lembra o aniversario da marcha de Feijóo a Madrid para “apaciguar os ánimos” do PP e deixar sen resolver a denuncia da presunta trama de corrupción desvelada por Casado que implicaba á presidenta de Madrid

O portavoz do Grupo Socialista, Luis Álvarez, alertou hoxe da “estratexia” dende PP e goberno galego para “o derrube do sistema público” co obxectivo de “deixar un solar no que o sector privado poida edificar”. O responsable socialista anunciou hoxe unha ofensiva parlamentaria dos socialistas galegos na defensa dos eixos do sector público, comezando pola sanidade, educación, Dependencia e vivenda pública.

Precisamente a defensa dos servizos públicos centrará a sesión de control ao presidente da Xunta no Pleno desta semana, que incluirá ademais unha proposta socialista para reclamarlle ao goberno galego que execute os fondos para vivenda protexida que recibe do Estado, así como que execute a “miseria de fondos” que figuran nos orzamentos propios. Álvarez alertou do “progresivo deterioro e privatización dos servizos públicos esenciais que vertebran o Estado do Benestar”.

En primeiro lugar, advertiu que a xestión da sanidade pública por parte do goberno galego limítase a “reunións que non se concretan en nada e listas de agarda insoportables” agora tamén na atención primaria, falla de pediatras nos centros de saúde. Criticou a “insultante teima da Xunta” apuntando á suposta falla de MIR cando este mesmo curso deixou 100 prazas sen cubrir e cando o goberno socialista leva convocado as cinco convocatorias consecutivas máis altas da historia.

En materia de vivenda pública, lembrou que a Xunta acumula 400 millóns de euros de políticas activas de vivenda sen executar entre 2010 e 2020, cos que podería ter construído 4.000 vivendas públicas. Engadiu que en 2022 tan só executou o 3,4 por cento de políticas activas de vivenda mentres 15.811 familias galegas están inscritas no rexistro de demandantes de vivenda.

Alertou do deterioro constante do ensino público, con cada vez menos docentes e a oferta educativa desaparece dos concellos galegos curso a curso, mentres manteñen con forza o ensino concertado, malia que dende hai 2 anos “agochan os datos para que non se coñeza con detalle esta realidade”. En contraste, lembrou que o Consello de Ministros aprobará mañá martes a maior oferta de bolsas da historia, con 2.520 millóns de euros.

Luis Álvarez sinalou que “grazas” á xestión do goberno galego, Galicia é hoxe a terceira Comunidade Autónoma co maior déficit de prazas do Estado, mentres o PP creou 5.552 prazas privadas en residencias privadas entre 2009 e 2020 fronte ás apenas 1.250 prazas públicas. Resumiu que cando Galicia ten un déficit de máis de 14.000 prazas en residencias de maiores, en Galicia “só asistimos a anuncios de novas residencias públicas que nunca se concretan”.

O responsable socialista alertou de que o ataque por parte de PP e do goberno galego provoca a “quebra absoluta da igualdade de dereitos e da equidade social”, e reivindicou o sector público como “garante da universalidade”.

Pitonisos do desastre

Luis Álvarez lembrou o aniversario da defenestración de Casado no PP por denunciar unha presunta trama de corrupción que salpicaba á presidenta de Madrid, e que derivou na marcha de Feijóo a Madrid para “apaciguar os ánimos, e deixar sen resolver os problemas de falla de dignidade política”.

Lamentou que o PP replique en Galicia esa falla de dignidade política recuperando a candidatura da alcaldesa de Boimorto, logo de aproveitar o seu cargo para saltarse os procedementos de vacinación da covid.

Sinalou as semellanzas da estratexia de Casado e Feijóo como “pitonisos do desastre de acreditada e sólida traxectoria de predicións erradas”, logo de situar a España “a punto de ser intervida pola UE”, unha estratexia seguida ao detalle pola secretaria xeral do PP de Galicia, Paula Prado. Esixiulles que “reconsideren as súas palabras” logo de constatar esta mesma semana o desbloqueo de outros 6.000 millóns de euros de fondos da UE polo cumprimento do Estado.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O PSdeG constitúe o comité de campaña para as eleccións europeas

Nicolás González Casares, Lorena Guerra e Elba Veleiro forman parte da candidatura de España nas eleccións europeas do próximo 9…

16/05/2024 19:04

Carlos López Font esíxelle á Xunta que cumpra coa legalidade no transporte de viaxeiros por estrada

Denuncia a “escasa ou nula transparencia” por parte do goberno galego e alerta dun empeoramento no servizo   O portavoz…

16/05/2024 18:29

Paloma Castro urxe á Xunta a “desatascar” o proxecto de dragaxe do Lérez

denuncia que o PP leva 13 anos tomándolle o pelo aos pontevedreses e pontevedresas mantendo bloqueada a actuación   A…

16/05/2024 18:27

Elena Espinosa esíxelle á Xunta que responda cun Plan de continxencias ao “clamor da rúa” polas eivas na sanidade de Vigo no verán

Reclama un “cambio real” para evitar que se repita o colapso da Atención Primaria e Hospitalaria do pasado verán provocado…

16/05/2024 13:32

Carmen Dacosta reclámalle á Xunta que mellore a planificación dos recursos sanitarios diante da “situación catastrófica” da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Esíxelle á nova xerencia da área que reforce o persoal sanitario para garantir a asistencia sanitaria de calidade que merecen…

16/05/2024 13:28

Julio Abalde reclámalle á Xunta que “poña as pilas” e elabore un Plan estratéxico diante da caída da produtividade marisqueira

Reivindica axudas para garantir a supervivencia dun sector estratéxico para Galicia   O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Julio…

15/05/2024 14:38