Categorías: Secretaría Xeral

Formoso destaca o incremento das pensións decidido polo goberno de Pedro Sánchez fronte a desvalorización do poder adquisitivo do PP

O líder do PSdeG participa xunto coa ministra portavoz do goberno de España, Isabel Rodríguez, e a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, nunha xornada municipalista sobre Cohesión Social do PSOE

O secretario xeral do PSdeG, Valentin González Formoso, puxo en valor este domingo o incremento das pensións realizado polo executivo de Pedro Sánchez, que equipara a suba á alza dos prezos fronte ao modelo do PP de Feijóo e Rajoy, que xeraba unha perda constante de poder adquisitivo.

Formoso participou na inauguración dunha Xornada Municipalista organizada pola dirección federal do PSOE na cidade da Coruña, onde puxo en valor “os avances” en materia de política social do goberno de España, ao mesmo tempo que criticou as accións do PP que busca rematar con eles.

O número un dos socialistas deu persoalmente as grazas á ministra portavoz, Isabel Rodríguez, polas medidas do goberno de España para paliar a crise derivada da pandemia e do incremento dos prezos, xa que destacou que ademais de apoiar á clase traballadora e ás pequenas e medianas empresas, estiveron ao lado dos concellos e as deputacións que el coñece de primeira man.

Con todo, Formoso non encontrou esa predisposición dende unha Xunta de Galicia que estivo gobernada por un Feijóo ao que recriminou que “nunca me chamou como alcalde nin como presidente da Deputación durante a pandemia”. “Os alcaldes e alcaldesas estivemos sós en Galicia”, subliñou o dirixente socialista.

Por iso, ao líder socialista non lle sorprendeu cando “a primeira medida de Feijóo como presidente do PP foi votar en contra de sancionar o acoso nas clínicas de interrupción voluntaria do embarazo”. Formoso entende que é unha mostra clara de quen é o líder dos populares, quen prometeu eliminar cada unha das leis aprobada polo goberno socialista, polo que lle dixo claramente que “non se pode ser tan retrógrado”.

Formoso focalizou nunha medida do executivo socialista que entende que ten bastante impacto en Galicia, xa que “681.000 pensionistas galegos teñen que agradecer a suba ao goberno de España”, sendo que o “outro modelo” é o de “Feijóo e Rajoy e a suba do 0,25%”, que supoñía unha desvalorización constante das pensións.

Agradeceu tamén a “valentía” do goberno para seguir a súa folla de ruta a pesar das “presións da dereita mediática e económica”, así como a súa labor para superar todas as trabas e levar a cabo as súas “enormes medidas”. O líder socialista cre que “o problema do goberno é que aproba tantas cousas” que unhas medidas tapan a outras.

Comparou isto cunha Xunta de Galicia “insensible á situación” ao non ter “nin unha soa medida contra a carestía dos prezos”, sendo para Formoso que “ese é o PP que aspira a gobernar España, pero non o vai a lograr porque a xente sabe que o goberno socialista é o que está do seu lado”.

CORUÑA, POLÍTICA SOCIAL COMO BANDEIRA

Mentres tanto, a ministra de Política Territorial e voceira do goberno de España centrouse en destacar o traballo do executivo, incidindo en que “os avances en dereitos sempre levan o selo do puño e a rosa”, pero en fronte hai “un partido que non respecta nin o que é lei”, como no caso do aborto, e que “ante os dereitos nunca avanzan, só retroceden recorren, derogan”.

No caso de Feijóo, Isabel Rodríguez recordou que leva xa un ano ao fronte do PP e sorpréndelle que “non se fai balance da súa xestión, só recordan que botaron a Casado cun motín para tapar a corrupción”. Ao fío disto incidiu en que “Feijóo viña de moderado e agora está no seu despacho en Génova pagado con diñeiro negro”.

Pola súa banda, a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, valorou catro anos despois de que presentaran o seu proxecto que “quería que A Coruña recuperase a súa posición no mapa, que volvese a ser unha cidade de referencia” e que fose “unha cidade modelo, innovadora, sostible e de vangarda, coa política social como bandeira”, polo que remarcou que “non é casualidade que celebremos este encontro federal aquí, na Coruña”.

Tamén comparou os modelos dun Pedro Sánchez que “puxo en marcha o maior escudo social da historia do país, no peor momento” e que fixo medidas para “protexer á clase traballadora” como a suba das pensións, o SMI ou as bonificación no transporte e combustibles, fronte ao modelo dun Feijóo que “todos sabemos como deixou a sanidade en Galicia despois de trece anos”, remarcou.

CONTINUACIÓN DA XORNADA

A xornada organizada pola dirección do PSOE continuou cunha mesa redonda moderada por Beatriz Carrillo, secretaria de Políticas Sociais da CEF do PSOE, Luis Manuel Flórez, candidato socialista á alcaldía de Xixón, Teresa Laespada, candidata ña Dpeuatación Foral de Navarra, Pablo Hermoso, alcalde de Logroño.

As conclusións da xornada están ao cargo de Idoia Mendía, secretaria de Estudos e Programas do PSOE e a clausura de Inés Rey, o secretario provincial da Coruña, Bernardo Fernández Piñeiro, e o secretario de Política Municipal da CEF, Alfonso Rodríguez Gómez de Celis.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Nicolás González Casares esíxelle a Xunta e PP que se sumen ao consenso na defensa do galego: “se o PP quere, o galego será lingua oficial en Europa en cuestión de meses”

Participa na manifestación na defensa da lingua celebrada en Compostela   O candidato socialista ao Parlamento Europeo, Nicolás González Casares,…

17/05/2024 14:16

Besteiro, na homenaxe a Luísa Villalta: “A defensa da nosa lingua é hoxe máis necesaria que nunca”

O secretario xeral do PSdeG lembra que os socialistas adiantaron no Parlamento o 11 de abril un gran pacto polo…

17/05/2024 13:31

O PSdeG constitúe o comité de campaña para as eleccións europeas

Nicolás González Casares, Lorena Guerra e Elba Veleiro forman parte da candidatura de España nas eleccións europeas do próximo 9…

16/05/2024 19:04

Carlos López Font esíxelle á Xunta que cumpra coa legalidade no transporte de viaxeiros por estrada

Denuncia a “escasa ou nula transparencia” por parte do goberno galego e alerta dun empeoramento no servizo   O portavoz…

16/05/2024 18:29

Paloma Castro urxe á Xunta a “desatascar” o proxecto de dragaxe do Lérez

denuncia que o PP leva 13 anos tomándolle o pelo aos pontevedreses e pontevedresas mantendo bloqueada a actuación   A…

16/05/2024 18:27

Elena Espinosa esíxelle á Xunta que responda cun Plan de continxencias ao “clamor da rúa” polas eivas na sanidade de Vigo no verán

Reclama un “cambio real” para evitar que se repita o colapso da Atención Primaria e Hospitalaria do pasado verán provocado…

16/05/2024 13:32