Categorías: Actualidade

Begoña Rodríguez Rumbo acusa á Xunta de provocar o “rexeitamento xeneralizado” á instalación de parques eólicos pola súa improvisación e falla de proxecto de país

Acusa ao conselleiro de Industria de “perder o tempo confrontando co goberno no canto de traballar” para desbloquear os proxectos eólicos

A viceportavoz do Grupo Socialista, Begoña Rodríguez Rumbo, dixo hoxe que a falla de política enerxética no goberno galego, unido á falla de proxecto de país e á improvisación na xestión está detrás do “rexeitamento xeneralizado” á instalación de parques eólicos en Galicia. Así o dixo na comparecencia do conselleiro de Industria sobre o desenvolvemento eólico, que tivo lugar hoxe no Parlamento.

A responsable socialista responsabilizou ao conselleiro da “inseguridade xurídica” que ten “enfadados a tódolos sectores” afectados polas explotacións eólicas, tanto por parte da cidadanía, como os concellos, as organizacións ecoloxías e o sector agrogandeiro. Advertiu que a xestión do goberno galego provoca que “en calquera lugar do territorio no que proxecten un parque eólico hai unha plataforma en contra”.

Advertiu que “ninguén no país está contento coa xestión nestes últimos 13 anos” nos que non tomaron ningunha iniciativa nova, furtándolle a información á cidadanía. Puxo como exemplo o peche do prazo para aprobar as Declaracións de Impacto Ambiental dos proxectos eólicos, que a Xunta apurou ata o último día pola súa “falla de previsión” logo de ano e medio, ademais de 9 meses de prórroga concedida polo Estado.

Denunciou que o goberno galego estivo “preocupado de confrontar co Estado” no canto de preparar as DIA, estirando o prazo ata que “non lles quedou máis remedio” que contratar a máis de 100 persoas para desbloquear as Declaracións en tempo récord. O resultado foi que en xaneiro a Xunta emitiu 77 DIA positivas, 43 foron rexeitadas e outras 20 “non lles deu tempo” porque “a última hora é imposible cumprir con todo”.

Explicou que os 77 parques coa DIA do goberno galego favorable, xunto aos 7 verificados polo Estado suman un total de 84 proxectos que suporían a instalación de 570 aeroxeneradores no territorio galego, aumentando a potencia instalada nun 75 por cento, diante do que alertou da falla absoluta de previsión e de planificación coñecida por parte do goberno galego.

Confrontación permanente

Denunciou que estean “máis pendentes de confrontar que de traballar”, e os galegos e as galegas padecen a falla de planificación dun goberno que funciona como “oposición ao Estado”. Engadiu que “para iso xa mandaron ao ex presidente da Xunta Feijóo, que cada vez que fala amosa a súa insolvencia e descoñecemento de aspectos fundamentais do país”.

A responsable socialista esixiulle ao goberno galego que abandone a confrontación permanente e comece a xestionar os fondos europeos que o Estado conseguiu para Galicia, ata o momento 1.219 millóns de euros para xestión directa que fan desta autonomía a quinta máis beneficiada do Estado.

Criticou os “augurios” e das “actitudes rastreiras” de PP e goberno intentando “por tódolos medios” que os fondos non chegaran a España e a Galicia, mesmo coa visita en primeira persoa da secretaria xeral do PP de Galicia, Paula Prado. Sinalou que Bruxelas vén de ratificar a xestión do goberno de Sánchez aprobando o terceiro pagamento de fondos, con 6.000 millóns de euros adicionais.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Elena Espinosa esíxelle á Xunta que responda cun Plan de continxencias ao “clamor da rúa” polas eivas na sanidade de Vigo no verán

Reclama un “cambio real” para evitar que se repita o colapso da Atención Primaria e Hospitalaria do pasado verán provocado…

16/05/2024 13:32

Carmen Dacosta reclámalle á Xunta que mellore a planificación dos recursos sanitarios diante da “situación catastrófica” da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Esíxelle á nova xerencia da área que reforce o persoal sanitario para garantir a asistencia sanitaria de calidade que merecen…

16/05/2024 13:28

Julio Abalde reclámalle á Xunta que “poña as pilas” e elabore un Plan estratéxico diante da caída da produtividade marisqueira

Reivindica axudas para garantir a supervivencia dun sector estratéxico para Galicia   O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Julio…

15/05/2024 14:38

Paloma Castro acusa á Xunta de “retroceder máis de 20 anos” nas política de Igualdade por seguir as teses da extrema dereita

Censura a devaluación da antiga Secretaría Xeral de Igualdade no novo goberno e alerta de que a reintegración do concelleiro…

15/05/2024 14:05

Besteiro esíxelle a Rueda “valentía” para atender ás demandas de transparencia formuladas pola Valedora e o Consello de Contas

Repróchalle ao presidente da Xunta que o PP se descolgara onte dun acordo parlamentario para pedir a continuidade das bonificacións…

15/05/2024 11:56

O Parlamento aproba a proposta socialista para instar á Xunta a promover políticas que impulsen a incorporación da muller ao traballo de calidade

Carmen Rodríguez Dacosta criticou que o PP, cando chegou ao Goberno no 2009, “eliminou todas as políticas de igualdade no…

14/05/2024 20:09