Categorías: Actualidade

O Grupo Socialista advirte de que o Plan de Saúde Mental da Xunta non afronta as consecuencias psicolóxicas reais da covid

Julio Torrado critica que “fala moito de comités pero non fala de realidades” cuns orzamentos pírricos que deixan sen atender a dous de cada tres galegos e galegas con problemas mentais

Alerta da pasividade da Xunta fronte ás alertas de vulneración de dereitos humanos no Hospital Psiquiátrico de Conxo

O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, sinalou hoxe que o Plan de Saúde Mental da Xunta deixa sen atender as “consecuencias psicolóxicas reais” derivadas da covid-19. Na comparecencia do director xeral de Asistencia Sanitaria en Comisión, alertou de que cos recursos previstos pola Xunta 2 de cada 3 persoas con trastornos mentais quedarán sen atender.

Torrado criticou que a Xunta “fala moito de comités e de reunións pero non fala da realidade” que  suporán os trastornos mentais post covid, que ten advertido a OMS e que “vai ser a nosa gran pandemia despois da covid”. O Plan previsto pola Xunta deixa de lado os problemas de soidade non desexada, os trastornos agudizados pola ralentización da atención ou a dificultade de acceso, a ansiedade e estrés postraumático por falecementos ou a tensión dos sanitarios.

Lembrou que o goberno de Feijóo foi o que paralizou en 2009 o primeiro Plan de Saúde Mental de Galicia, que prevía un investimento de 40 millóns de euros entre 2006 e 2011, para pasar a orzamentar tan só 360.000 euros para o próximo ano, menos dos 450.000 euros que dedican a entidades externas. Sinalou que “igual é o ano de construír menos e de contratar máis” para garantir os recursos humanos necesarios para atender á saúde mental.

Explicou que mentres o Plan anunciado hoxe pola Xunta anuncia a contratación de 229 profesionais, a realidade é que “polo de agora tan só hai 4 psicólogos que acaban o seu contrato en xaneiro”. Advertiu de que “hoxe Galicia ten un problema de saúde mental polo moi baixo nivel de contratación de profesionais e dos recursos que se lles facilitan, e que fan un traballo incrible pero imposible cos medios que lles damos”.

Sinalou ademais que os Orzamentos da Xunta para 2021 “non inclúen nada substancial sobre condutas aditivas”, cando afectan ao 50 por cento das persoas con trastornos mentais, polo que “se resolvemos problemas de saúde mental resolveremos as condutas aditivas”. Neste sentido, criticou que o goberno galego mantivese as casas de apostas abertas durante a pandemia e as felicitase pola súa xestión.

Dereitos humanos

Torrado alertou de que “falan moito de cronogramas que o certo é que se vulneran dereitos humanos”, en alusión ao informe “demoledor” da Valedora do Pobo sobre a situación que viven os pacientes do Hospital Psiquiátrico de Conxo, en Santiago, con casos de persoas ingresadas durante 50 anos. Levou ao Parlamento as afirmacións da portavoz do Movemento Galego de Saúde Mental, cando sinalou que en Galicia “en saúde mental vulnéranse dereitos humanos”.

Lamentou que o responsable de Asistencia Sanitaria non teña dito hoxe “nada que plantexe realidades duras como o que pasa en Conxo”, con “realidades aterradoras” que exemplifican un sistema que “non está preparado, que carece dos recursos suficientes e non chega para facer prevención” en materia de saúde mental.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02