
Silvia Longueira afirma que a “funcionarización” do CGAC ponlle a puntilla ao “inexistente sistema cultural de Galicia”
A portavoz de Cultura do Grupo Socialista, Silvia Longueira, acusou hoxe ao PP de “aniquilar” ao tecido cultural galego a través do goberno galego. Longueira presentou unha proposición non de Lei na Comisión de Cultura do Parlamento para reclamar apoio aos creadores galegos que foi rexeitada polo PP nunha campaña de “acoso e derribo de todo o que sexa iniciativa propia” deste colectivo.
Longueira criticou o “réxime autoritario” imposto na xestión cultural por parte do goberno galego para “afastar da primeira liña” da xestión e a implementación aos “verdadeiros artífices” da cultura galega. Neste sentido, subliñou que a “funcionarización” do CGAC por parte do goberno galego, vetando aos creadores o acceso á dirección do ente, ven a poñerlle a puntilla ao “inexistente sistema cultural de Galicia”.
A responsable socialista censurou a “deslealdade máxima” e hipocrisía amosada polo PP neste sentido. Aludiu a que no Debate do Estado da Autonomía da semana pasada transaccionaban co Grupo Socialista un acordo para garantir a igualdade de acceso á dirección dos centros artísticos ao mesmo tempo que a Consellería de Cultura iniciaba o procedemento de nomeamento da dirección do ente limitándoo a persoal funcionario.
Acusou ademais á Xunta de dedicar ás políticas culturais a metade de outras comunidades autónomas, limitando o programa de Fomento de actividades culturais a uns escasos 166.000 euros, a practica totalidade destinados ás residencias artísticas anuais da Cidade da Cultura. Criticou que estean a deixar “inane” a un sector “xa de por si precario”, e lembrou que os creadores “non se queren vestir de domingo para recibir un premio: queren comer tódolos días”.
Cuestionou as últimas decisións do Executivo, comezando pola negativa a participar como membro asociado da Unesco como membro asociado, e a continuación descargando nos concellos a xestión do patrimonio a través dunha reforma lexislativa imposta na Lei de Acompañamento aos Orzamentos.
Deste xeito, explicou que mentres a Xunta destina 150 millóns de euros á Consellería de Cultura, os concellos vense achegados a destinar en conxunto máis de 200 millóns de euros. A parlamentaria socialista afeoulles continuación que teñan feito da Axencia Galega das Industrias Culturais -Agadic- unha mera “axencia de captación de subvencións”.
Proposta
Longueira criticou o voto en contra do PP á proposición non de Lei que presentou hoxe o Grupo Socialista para aumentar as partidas orzamentarias á contratación de eventos con participación dos creadores galegos.
En resposta ao desleixo do goberno galego, esta proposta incluía tamén crear liñas de concorrencia competitiva para a contratación de eventos artísticos interdisciplinados que inclúan procesos de investigación artística vencellados a Galicia e un Plan de Internacionalización para divulgar a creatividade galega.