Categorías: Uncategorized

O Grupo Socialista acusa á Xunta de seguir o modelo fiscal de Ayuso para beneficiar aos máis ricos

Begoña Rodríguez Rumbo sinala que o goberno galego rebaixa un euro ao mes do IRPF dos galegos e galegas mentres lle fai un “regalo fiscal” de 4.500 euros aos máis ricos

A portavoz de Facenda do Grupo Socialista, Begoña Rodríguez Rumbo, acusou hoxe á Xunta de facer seguidismo do modelo fiscal da Comunidade de Madrid presidida por Isabel Díaz Ayuso para “beneficiar aos máis ricos”. Así o dixo na comparecencia do conselleiro de Facenda no Pleno do Parlamento sobre o desempeño fiscal de Galicia durante 2022.

A responsable socialista criticou o “modelo regresivo” imposto polos principios neoliberais do PP, que lle da máis diñeiro a quen máis ten, reducindo os servizos públicos para que “teña sanidade privada, seguros privados e educación privada quen poida pagar”. Contrapuxo este sistema co modelo socialdemócrata que garante que “quen máis ten debe contribuír máis para dispor de servizos públicos de calidade ao alcance de todos e todas sen deixar a ninguén atrás”.

Reclamou “manter os ingresos públicos” que sustenten o sector público, mentres o goberno galego aposta por “anuncios de propaganda sobre rebaixas de impostos” que nunca chegan para o común dos galegos e das galegas. Explicou que a súa publicitada rebaixa do IRPF supuxo que ás rendas de ata 20.000 euros só lles reduciran un euro ao mes, fronte aos “492 euros ao ano para os soldos de máis de 60.000 euros”.

Ao mesmo tempo, o goberno galego reduce o imposto do Patrimonio ata un 50 por cento, co que os máis ricos contan con 4.500 euros de “regalo” grazas ao mesmo goberno galego que suprime a Tarxeta Básica que permitía o acceso a produtos básicos de hixiene, farmacia e alimentación. Esta medida, xunto co paraugas social despregado polo Estado, quitou do risco da pobreza a 127.000 galegos e galegas no ano 2021.

Sinalou que o goberno galego reduza os impostos ás rendas altas, reducindo con iso os ingresos da Comunidade Autónoma, que pasa a depender da súa participación dos ingresos estatais que chegan a través do IVE ou do IRPF. Criticou que deixen sen executar os fondos que recibe Galicia do Fondo de Compensación Interterritorial, que deixaron sen executar 42,9 millóns de euros en 2020, co que a 31 de decembro de 2021 Galicia acumula 71 millóns de euros do FCI sen executar.

Rodríguez Rumbo defendeu o modelo redistributivo aplicado polo Estado, que garante que as persoas máis vulnerables teñan as mesmas oportunidades. Criticou que a Xunta teña escollido polo contrario “aliarse con Ayuso” para denunciar no Tribunal Constitucional o imposto ás grandes fortunas para que durante os anos 2022 e 2023 as persoas cun patrimonio por enriba dos 3 millóns de euros aporten máis fondos para financiar os servizos públicos.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18