Categorías: Actualidade

O Grupo Socialista acusa á Xunta de provocar a fuga de cerebros ao poñer cada vez máis difícil a carreira investigadora

Leticia Gallego denuncia o “ninguneo” da Xunta aos investigadores e investigadoras ao impoñer condicións imposibles ás bolsas predoutorais

A portavoz de I+D+i do Grupo Socialista, Leticia Gallego, acusou hoxe á Xunta de provocar a fuga de cerebros dos traballadores máis cualificados de Galicia ao “poñer cada vez máis difícil a carreira investigadora”. Así o dixo no debate dunha proposición non de Lei no Parlamento na que lle pedía á Xunta un Plan de Retención de Talento con orzamento suficiente que foi rexeitada polo PP.

A responsable socialista denunciou o “ninguneo” da Xunta cara aos investigadores e investigadoras, e citou como exemplo o endurecemento das condicións de acceso ás bolsas predoutorais ata niveis case imposibles e que provocaron as mobilizacións de representantes da Rede Galega de Investigación -Investigal- este mesmo mes de agosto.

Gallego denunciou que a Xunta non publicou a convocatoria das bolsas predoc ata o 18 de agosto, co curso xa rematado, e esixindo ademais estar matriculado nun máster ou doutoramento a pesares de que xa non tiñan marxe real para cumprir co requisito. Ademais, advertiu que impuxeron unha media global igual ou superior a 7,5, o que provocou que os membros de Investigal esixiran a modificación dos crterios.

A parlamentaria socialista levou ao Parlamento a petición dos investigadores para modificar os requisitos e méritos recuperando os criterios das anteriores convocatorias nas que a nota de corte non era un obstáculo, permitindo unha valoración ponderada.

Lamentou que “en vez de facilitarlles as súa carreira, a Xunta o que fai e poñérllelo cada vez máis difícil”, provocando que en 2022 un total de 8.257 traballadores e traballadoras con titulación universitaria marcharan a traballar a outras comunidades autónomas, incluíndo 6.575 técnicos e profesionais científicos e intelectuais.

Criticou a falla de compromiso do goberno galego coa ciencia e a investigación en Galicia”, como demostra a baixa execución no Programa do Plan galego de I+D+i, xa que a Xunta deixou sen executar máis da metade do orzamento previsto para 2022, ata o 53 por cento que quedou nas arcas do goberno galego. Cualificou de “vergoñento” que o Orzamento previsto de 197 millóns de euros fora reducido ata os 139.

Reclamoulle á Xunta que “tome medidas urxentes para a retención de talento científico”, e propuxo a redución de cargas administrativas, afianzar a carreira profesional de científicos mozos e mozas e verdadeiras axudas para a contratación de persoal investigador no sector privado.

Gallego propuxo un incremento do 0,4 por cento nos programas de I+D+i de forma que Galicia, que só adica un 1,1 por cento do PIB a estas partidas, poida acadar a media estatal e aproximarse paulatinamente ao obxectivo europeo do 3 por cento. Alertou de que “sen a ciencia, sen os investigadores, sen os universitarios e sen o talento, Galicia será un país sen futuro”.

Gallego apuntou que o goberno galego “debe consolidar unha carreira pública estable e previsible para o persoal técnico e investigador equivalente á dos países máis avanzados” aumentando os recursos e garantindo o cambio xeracional e a retención dos mellores currículums. Dixo que o “deber” do goberno galego é “apostar pola ciencia, polos nosos investigadores e investigadoras, os nosos universitarios, apostar polo noso talento que é moito, non deixen que marche”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Nicolás González Casares esíxelle a Xunta e PP que se sumen ao consenso na defensa do galego: “se o PP quere, o galego será lingua oficial en Europa en cuestión de meses”

Participa na manifestación na defensa da lingua celebrada en Compostela   O candidato socialista ao Parlamento Europeo, Nicolás González Casares,…

17/05/2024 14:16

Besteiro, na homenaxe a Luísa Villalta: “A defensa da nosa lingua é hoxe máis necesaria que nunca”

O secretario xeral do PSdeG lembra que os socialistas adiantaron no Parlamento o 11 de abril un gran pacto polo…

17/05/2024 13:31

O PSdeG constitúe o comité de campaña para as eleccións europeas

Nicolás González Casares, Lorena Guerra e Elba Veleiro forman parte da candidatura de España nas eleccións europeas do próximo 9…

16/05/2024 19:04

Carlos López Font esíxelle á Xunta que cumpra coa legalidade no transporte de viaxeiros por estrada

Denuncia a “escasa ou nula transparencia” por parte do goberno galego e alerta dun empeoramento no servizo   O portavoz…

16/05/2024 18:29

Paloma Castro urxe á Xunta a “desatascar” o proxecto de dragaxe do Lérez

denuncia que o PP leva 13 anos tomándolle o pelo aos pontevedreses e pontevedresas mantendo bloqueada a actuación   A…

16/05/2024 18:27

Elena Espinosa esíxelle á Xunta que responda cun Plan de continxencias ao “clamor da rúa” polas eivas na sanidade de Vigo no verán

Reclama un “cambio real” para evitar que se repita o colapso da Atención Primaria e Hospitalaria do pasado verán provocado…

16/05/2024 13:32