Categorías: Actualidade

O Grupo Socialista esíxelle á Xunta que desbloquee o Fondo de Cooperación Local base, que permanece “conxelado” dende 2009

Begoña Rodríguez Rumbo denuncia o abuso de subvencións a dedo con trato privilexiado a concellos afíns, que provoca que as convocatorias se esgoten “en 9 minutos”

A portavoz de Fondo Política Local do Grupo Socialista, Begoña Rodríguez Rumbo, esixiulle á Xunta que desbloquee o Fondo de Cooperación Local base, que manteñen “conxelado” nos 112,9 millóns de euros dende hai 14 anos. A responsable socialista interveu na comparecencia da directora xeral de Administración Local, na que denuncio o abuso das axudas “a dedo”.

Rodríguez Rumbo reclamoulle ao goberno galego que atenda á petición da Fegamp, que está a pedir de forma unánime a ampliación do fondo con partidas que non estean condicionadas e polo tanto poidan destinar os fondos ás necesidades máis urxentes. A responsable socialista acusou ao goberno galego de conceder estes fondos “a dedo” privilexiando a concellos afíns, que coñecen as condicións de antemán e provocan que as convocatorias esgoten os fondos “en 9 minutos”.

Advertiu que “iso non é o que quere o municipalismo galego, nin sequera os concellos do PP”, e lembrou a petición unánime dende a Fegamp para regular por Lei o financiamento local, ademais de que a Xunta desenvolva na súa totalidade o Pacto Local. Tamén acusaron á Xunta de impoñer aos concellos funcións da súa competencia, como o mantemento dos centros de saúde e escolas, ou ben que acompañe as novas obrigas con novos recursos para que as poidan cumprir.

Dixo que “na maior parte, os concellos teñen que poñer recursos propios para atender aos cidadáns nunhas condicións razoables, boas e de calidade” asumindo a xestión duns servizos públicos que “non son competencia dos concellos”, pero que a Xunta se nega a asumir. Lembrou as críticas de Rueda aos fondos finalistas procedentes do Estado, e reclamoulle que se apliquen o mesmo criterio na súa relación coas entidades locais.

Begoña Rodríguez Rumbo esixiulle ao goberno galego que atenda ás peticións da Fegamp, que presentou a finais do ano pasado un estudo propio sobre as necesidades de financiamento dos concellos galegos, elaborado por un grupo de expertos en administración local, que incluíu técnicos dos concellos e expertos das universidades de Santiago e A Coruña.

Lamentou que o PP teña rexeitado sistematicamente estas peticións, que inclúen a convocatoria da Comisión galega de Cooperación Local para acadar acordos, en tódalas ocasións nas que o Grupo Socialista o presentou no Parlamento e que “nin sequera tiveron intención de transaccionar”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O PSdeG constitúe o comité de campaña para as eleccións europeas

Nicolás González Casares, Lorena Guerra e Elba Veleiro forman parte da candidatura de España nas eleccións europeas do próximo 9…

16/05/2024 19:04

Carlos López Font esíxelle á Xunta que cumpra coa legalidade no transporte de viaxeiros por estrada

Denuncia a “escasa ou nula transparencia” por parte do goberno galego e alerta dun empeoramento no servizo   O portavoz…

16/05/2024 18:29

Paloma Castro urxe á Xunta a “desatascar” o proxecto de dragaxe do Lérez

denuncia que o PP leva 13 anos tomándolle o pelo aos pontevedreses e pontevedresas mantendo bloqueada a actuación   A…

16/05/2024 18:27

Elena Espinosa esíxelle á Xunta que responda cun Plan de continxencias ao “clamor da rúa” polas eivas na sanidade de Vigo no verán

Reclama un “cambio real” para evitar que se repita o colapso da Atención Primaria e Hospitalaria do pasado verán provocado…

16/05/2024 13:32

Carmen Dacosta reclámalle á Xunta que mellore a planificación dos recursos sanitarios diante da “situación catastrófica” da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Esíxelle á nova xerencia da área que reforce o persoal sanitario para garantir a asistencia sanitaria de calidade que merecen…

16/05/2024 13:28

Julio Abalde reclámalle á Xunta que “poña as pilas” e elabore un Plan estratéxico diante da caída da produtividade marisqueira

Reivindica axudas para garantir a supervivencia dun sector estratéxico para Galicia   O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Julio…

15/05/2024 14:38