Categorías: Actualidade

O Parlamento aproba a nosa proposta a favor do recoñecemento das confrarías a nivel europeo para que poidan optar a axudas comunitarias

Patricia Otero pídelle á Xunta que una esforzos co goberno central para apoiar aos pósitos nesta reivindicación histórica

A Comisión de Pesca do Parlamento aprobou hoxe por unanimidade unha proposición non de Lei presentada polo Grupo Socialista para pedirlle á Xunta que traballo xunto co Estado para que as institucións comunitarias recoñezan a figura das confrarías. A portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Patricia Otero, explicou que este recoñecemento lles permitiría optar a fondos estruturais europeos.

A responsable socialista acadou o acordo da Cámara a favor desta demanda histórica dos pósitos galegos, que piden “consenso” para que se lles recoñeza esta categoría. Otero emprazou ao goberno galego a que una esforzos co goberno central a carón de obter este “recoñecemento” fundamental para as confrarías de todo o Estado, sinaladamente ás 63 galegas, que conta coa máis antiga do Estado, a de Cambados, ou as de Celeiro e Burela, constituídas en 1923.

Instou a atallar a situación actual na que se atopan as confrarías de pescadores, que ao non ter o recoñecemento comunitario quedan fora de axudas como as correspondentes ao antigo FEMP e actual FEMPA. Engadiu que as confrarías carecen deste status malia que realizan unha “función parecida e máis ampla” que outros entes que si poden optar ás axudas, como o caso das Organizacións de Produtores Pesqueiros.

Explicou que as confrarías galegas xestionan lonxas, desempregan o papel de xestorías para os socios e socias, ademais de encargarse da xestión pesqueira, da produción e comercialización, un traballo “fundamental tamén no eido da responsabilidade social”. Neste sentido, prima ás persoas sobre o capital e promocionan a solidariedade interna coa sociedade mantendo a súa independencia respecto dos poderes públicos.

Emprazou ao goberno galego a aproveitar a oportunidade que ofrece tanto o acordo a nivel do Parlamento Europeo como á boa disposición da Dirección Xeral do Mar da Comisión Europea para se lles recoñecer esta categoría. Reclamou unha “unión forte” entre as administracións para conseguir converter a boa disposición nun recoñecemento real das confrarías como entidades de pleno dereito.

Texto da iniciativa aprobada hoxe:

-“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a que traballe xunto co Goberno central de cara a que as institucións comunitarias recoñezan a figura das confrarías de pescadores e así poidan optar aos fondos estruturais da UE”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Nicolás González Casares esíxelle a Xunta e PP que se sumen ao consenso na defensa do galego: “se o PP quere, o galego será lingua oficial en Europa en cuestión de meses”

Participa na manifestación na defensa da lingua celebrada en Compostela   O candidato socialista ao Parlamento Europeo, Nicolás González Casares,…

17/05/2024 14:16

Besteiro, na homenaxe a Luísa Villalta: “A defensa da nosa lingua é hoxe máis necesaria que nunca”

O secretario xeral do PSdeG lembra que os socialistas adiantaron no Parlamento o 11 de abril un gran pacto polo…

17/05/2024 13:31

O PSdeG constitúe o comité de campaña para as eleccións europeas

Nicolás González Casares, Lorena Guerra e Elba Veleiro forman parte da candidatura de España nas eleccións europeas do próximo 9…

16/05/2024 19:04

Carlos López Font esíxelle á Xunta que cumpra coa legalidade no transporte de viaxeiros por estrada

Denuncia a “escasa ou nula transparencia” por parte do goberno galego e alerta dun empeoramento no servizo   O portavoz…

16/05/2024 18:29

Paloma Castro urxe á Xunta a “desatascar” o proxecto de dragaxe do Lérez

denuncia que o PP leva 13 anos tomándolle o pelo aos pontevedreses e pontevedresas mantendo bloqueada a actuación   A…

16/05/2024 18:27

Elena Espinosa esíxelle á Xunta que responda cun Plan de continxencias ao “clamor da rúa” polas eivas na sanidade de Vigo no verán

Reclama un “cambio real” para evitar que se repita o colapso da Atención Primaria e Hospitalaria do pasado verán provocado…

16/05/2024 13:32