Categorías: Actualidade

O Grupo Socialista acusa á Xunta de deixar 192 concellos sen pediatra porque según eles os nenos e nenas galegos “non merecen ser atendidos en tódolos centros de saúde”

Patricia Otero acusa ao Sergas de “parchear” a falla dunha das dúas pediatras de Burela repartindo o seu cupo “queimando” ás pediatras con “axendas inasumibles”

A parlamentaria socialista Patricia Otero acusou hoxe á Xunta de deixar 192 concellos sen servizo de Pediatría porque, dixo, consideran que “os nenos e nenas galegos non merecen ter pediatra en tódolos centros de saúde”. Así o dixo no debate dunha pregunta oral sobre a situación do Centro de Saúde de Burela, onde o Sergas respondeu á falla dunha das dúas pediatras repartindo o seu cupo entre 3 profesionais.

A responsable socialista aludiu á recente entrevista á nova xerente do Sergas, na que “sacoulle a careta ao PP e amosou a súa verdadeira cara” ao sinalar que “os galegos e as galegas non necesitamos pediatras en tódolos centros de saúde”. Naquela entrevista, lembrou, tamén sinalou que “os galegos estabamos mal acostumados e eramos demasiado esixentes pedindo que nos atenda un médico cando temos un problema de saúde”, ironizou Otero.

A parlamentaria socialista comparou a valoración do Sergas apuntando a que “non tódalas citas de atención primaria teñen que darse no día” coa realidade de Centros de Saúde como o de Viveiro, onde os veciños e veciñas “chegaron a agardar ata 15 días a que os atendera un médico de atención primaria”. Á vista desta folla de ruta do goberno galego, Otero reivindicou un “cambio global de políticas” na sanidade pública galega.

Burela

Patricia Otero preguntou pola situación do servizo de Pediatría no Centro de Saúde de Burela, onde o Sergas respondeu con “parches” á marcha dunha das dúas pediatras asignadas. Así, os 1.500 nenos e nenas correspondentes a este centro son atendidos por unha soa pediatra, que ten que darlle asistencia tamén ao cupo que lle correspondía á súa compañeira, pero solo pode atendelos os martes e xoves pola tarde.

O resto do cupo de rapaces e rapazas é atendido pola pediatra de San Cibrao, que ten que desprazarse a Burela os martes e xoves, ademais de outro pediatra contratado cinco horas tres días á semana. Otero acusou ao Sergas de “cargar sobre os lombos duns profesionais excepcionais a súa penosa e chapuceira política de persoal”, preferindo “machacar” ás pediatras impoñendo “condicións inhumanas e abusivas” que poñen en risco a calidade do servizo para os nenos e nenas.

Afeoulle ao goberno galego que respondan dicindo que van continuar “reorganizando e reestruturando”, o que traduciu en que “van seguir movendo profesionais dun lado para outro en función das protestas sociais”. Advertiu que “non é xeito de manter un servizo de pediatría digno para os nosos nenos e nenas”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28