Categorías: Actualidade

O goberno galego “minte” deliberadamente no caso dos falecidos en urxencias do CHUS

O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, denunciou hoxe que a versión do PP e do goberno galego sobre a atención aos 2 pacientes falecidos en Urxencias do CHUS o pasado 2 de xaneiro “é mentira e o saben”. Así o dixo no debate dunha proposición non de Lei en Comisión parlamentaria para reclamar persoal e medios materiais para o servizo, que foi rexeitada polo PP.

O responsable socialista dixo hoxe que o goberno galego “está perdendo o norte” ao dicir que os pacientes foran atendidos “en 9 ou 10 minutos” cando, explicou, “o que lles fixeron foi a triaxe” –a categorización dos pacientes para a súa atención-. Puntualizou que a triaxe marcou que tiñan que ter sido atendidos en só unha hora, pero “un dos pacientes estivo agardando 3,5 horas”.

Torrado sinalou que “o importante, ao final, é que non é digno que os pacientes falezan en determinadas circunstancias, sen que os profesionais poidan atendelos con toda a capacidade que desexan, e sen estar tres horas agardando nun pasillo” a pesares de que os médicos avisaran por escrito ata en tres ocasións. Lamentou que “non lles importa mentir se con iso conseguen sacar a cabeza porque en realidade non lles importa o sistema”.

Advertiu tamén sobre o novo argumento do Sergas, que apunta a que os pacientes faleceran “días” despois de entrar pola porta do Hospital, e puntualizou que “agardamos que non exista truco e non estean contabilizando un día despois cando pasan as 00,00 h. da noite”. Lembrou neste sentido que Feijóo tamén dixera que había un 17 por cento de baixas nun centro de saúde cando en realidade houbera unha baixa dun total de 6 facultativos.

Atacar aos profesionais

O responsable socialista criticou que a resposta do PP e do goberno galego, logo de que a Fiscalía admitira a denuncia dos médicos de Urxencias para investigar aqueles falecementos, fora “dirixir os seus ataques contra os profesionais que denunciaban”. Considera “gravísimo” que teñan sometido a estes profesionais a “vilipendio público” cando están alertando de que “queren atender aos pacientes correctamente e non poden porque teñen que saír ao pasillo” para observalos.

Criticou a “soberbia” do PP e do goberno galego, que prefire “facer unha burbulla arredor de si mesmos”, e “regatear” sobre a situación da sanidade pública, vetando primeiro as comparecencias da oposición e excluíndo a situación de Urxencias, da Atención Primaria ou dos PAC das conclusións da Comisión de Investigación.

Os socialistas reclamaron unha inxección de persoal e recursos para o servizo de Urxencias do Hospital de Santiago de Compostela para evitar as “saturacións enormes” e o “déficit da calidade asistencial” no servizo, unha solicitude que foi desbotada polo PP.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02