Categorías: Actualidade

O goberno galego mantén bloqueados 90 millóns de euros do PDR

O portavoz de Medio Rural do Grupo Socialista, José Manuel Pérez Seco, esixiulle hoxe á Xunta que desbloquee o pago dos 90 millóns de euros que lles adebeda aos beneficiarios das axudas do Plan de Desenvolvemento Rural en Galicia. O responsable socialista presentou unha pregunta oral no Pleno do Parlamento polo “caos administrativo e de xestión” da Consellería de Medio Rural.

Esta situación está a provocar, explicou, “a paralización dos pagos dos fondos europeos do Feader, cos que se financia o PDR de Galicia 2014-2020”. O Plan de Desenvolvemento Rural ten un orzamento total de 1.186 millóns de euros para o período 2014-2020, o 75 por cento dos cales son financiados pola UE a través do dito Feader.

O “atraso inédito” destas partidas, engadiu, “está a xerar problemas de financiamento nas explotacións e no entramado empresarial do rural galego”, que “está a incorrer en custes financeiros, atrasos de pagos a provedores e mesmo en regulación de emprego nos casos máis graves”. Pérez Seco advertiu que “os problemas de liquidez xerados no agro por esta falla de xestión contrastan co anuncio a bombo e platillo da Lexislatura do Rural” polo goberno galego.

Dixo que os fondos resultan “fundamentais para a cohesión económica e social do rural galego, así como para a modernización e adaptación dos sectores agrogandeiro e forestal”. O fondo está “a cargo da promoción das boas prácticas agrarias e medioambientais, a xestión forestal e a prevención de incendios, a modernización das explotacións agrarias, a agricultura ecolóxica e a incorporación de mozos, ademais de pagos compensatorios ás zonas desfavorecidas”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13