Categorías: Actualidade

Proposta lixo de Feijóo: contratos temporais para combater a precariedade laboral na sanidade

O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, parafraseou hoxe ao secretario do PP, Miguel Tellado, que o pasado martes cualificaba de “emendas lixo” ás emendas da oposición aos Orzamentos, para cualificar de “proposta lixo” o anuncio de Feijóo de combater a precariedade laboral mediante contratos temporais de un a tres anos para titulados MIR.

Torrado presentou unha proposición non de Lei na Comisión de Sanidade para pedir un plan de contratación de profesionais de atención primaria e un programa de centros de saúde que aparentemente non lle gustou ao PP e por iso votaron en contra. Torrado lamentou que o PP e o goberno galego se neguen a apoiar estas propostas e prefiran “lanzar un peculiar anuncio que agocha un regate sen concreción real”

O responsable socialista trasladou as dúbidas dos socialistas sobre este anuncio, e reclamou información sobre “como se pode ditaminar un contrato a unha persoa en concreto” porque, dixo, “as convocatorias públicas teñen outro tipo de carácter, e haberá que facer unha previsión que a Xunta non ten feito”. Concluíu que “ou inventarán un novo formato de contrato ou esán lanzando unha palabra ao aire”.

Ademais, sinalou que “considerar estabilidade estes contratos evidencia como está a sanidade pública, para que agora o presidente da Xunta ofreza esta dádiva bondadosa, magnánima e benevolente”, ironizou, antes de puntualizar que “contratos de un ano e estabilidade son conceptos antagónicos”. En definitiva, supón unha “maneira implícita de recoñecer que o de ata agora non era nin sequera aceptable”.

O portavoz de Sanidade reclamoulle ao goberno galego “criterio e sentidiño” para atender ás demandas da oposición e aos médicos de Atención Primaria, de urxencias do CHUS, dos PACs, ou aos colexios médicos. Lamentou que logo da intervención do presidente da Xunta de onte “presuman de cousas contra as que levaban anos despotricando” como a carreira profesional que paralizaran, a ampliación das xubilacións a 790 anos ou o plan de contratación de MIR.

Baixas nos centros de saúde

Torrado lamentou a “crítica inaceptable” e con “mala fe” por parte do presidente da Xunta, que onte laiouse da dificultade de xestionar a sanidade con centros “cun 17 por cento de baixas”. O responsable socialista considera “case un insulto” que Feijóo aluda a un suposto problema dun 17 por cento de baixas “cando en realidade refírese a un só médico dos seis que traballan no Centro de Saúde de Val Miñor”.

Explicou máis tarde que “para que entendan o rastreiro deste argumento, agora mesmo o PP ten un 28 por cento de baixas na Comisión de Sanidade”, dixo mentres no Grupo Popular faltaban nese momento 2 deputados dos 7 representantes que ten no dito órgano. Lamentou que o presidente da Xunta teña “criticado aos profesionais que se desviven por facer o seu traballo e que semella que non poden ter un día unha baixa”.

Ademais, engadiu, se ata o momento o PP e o goberno defendían que os centros “funcionaban ben”, preguntou “por que agora resulta que hai un problema cando hai unha persoa de baixa”, logo de terlles “reducido os recursos día a día” e obrigándoos a “xestionar a miseria”, como os propios traballadores dos centros de saúde teñen sinalado.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28