Categorías: Actualidade

O abuso do silencio administrativo na Xunta provoca “indefensión e desconfianza” na cidadanía

A responsable de Política Institucional do Grupo Socialista, Teresa Porritt, denunciou hoxe o abuso do silencio administrativo por parte do goberno galego, un “exemplo de mala praxe administrativa que debe ser erradicada”. Porritt presentou unha pregunta oral en Comisión na que alertou do incumprimento das garantías ás que está obrigada a administración, provocando “indefensión e desconfianza” no administrado.

A responsable socialista levou á Comisión Institucional do Parlamento a alerta feita pública pola Valedora do Pobo no seu último informe, no que apunta a “carencias importantes pola inactividade administrativa e o recurso excesivo do silencio administrativo”. Resumiu que, segundo a Valedora, “os organismos públicos non se deben de amparar no silencio administrativo para non darlle resposta aos administrados”.

Porritt presentou o caso dun traballador da Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia –Amtega-, a quen deixaron sen responder á petición de teletraballo para o coidado da súa segunda filla recen nacida. Malia que o silencio neste caso debera terse valorado como positivo, aceptando a petición, logo de dous requirimentos por parte do Alto Comisionado do Parlamento, a resposta foi negativa, contravindo o silencio administrativo.

A responsable socialista sinalou a necesidade de garantir os procedementos por parte da administración, mentres que o “silencio constitúe un abuso que provoca indefensión, xera desconfianza no administrado e vulnera os seus dereitos”. Apuntou ao “alarmante incumprimento do procedemento mentres se lle esixe ao administrado o estrito cumprimento das súas obrigas”.

Neste sentido, explicou que mentres a administración incumpre impunemente os prazos de resolución, a cidadanía ve como se lle denega un recurso por estar presentado fora de prazo, négaselle o pago de taxas fora de prazo ou traslada unha débeda á vía executiva por unha demora de apenas un día.

Chamou a “poñer fin ao incumprimento” das obrigas formais por parte da administración autonómica, que incorre así nunha “mala praxe que vulnera os dereitos dos administrados e dos propios empregados públicos” e sinalou a necesidade de “dar unha resposta áxil” garantindo os principios constitucionais de eficacia, seguridade xurídica e legalidade”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13