Categorías: Actualidade

Nulo compromiso da Xunta coa redución, reciclaxe e reutilización

A portavoz de Medio Ambiente do Grupo Socialista, Patricia Vilán, criticou hoxe a falla de compromiso real da Xunta coa “economía circular”, dirixida a consolidar a redución, reciclaxe e reutilización de residuos. Na comparecencia da conselleira de Medio Ambiente sinalou que a Xunta “como pouco chega 4 anos tarde” nunha política que a Comisión Europea xa ten implantado en 2014.

Explicou que a UE propuxo en 2011 un marco para o uso eficiente de recursos, que era desenvolto no VII Programa de Acción en materia de Medio Ambiente en 2013 e en 2014 a propia Comisión Europea comunicaba un programa de “cero residuos” baseado na economía circular. A Xunta, dixo, preséntase “para facer anuncios” pero sen compromisos.

A parlamentaria socialista lembrou que 2025 é a data límite para evitar o vertido de tódolos residuos reciclables, e en 2030 deberán ser eliminados tódolos vertedoiros, mentres o goberno galego mantense por detrás mesmo da media estatal. Así, a Xunta non ten feito por exemplo “nada en contaminación lumínica”, mentres “suspende en reciclaxe”.

Sinalou que a reciclaxe de residuos, que na UE era do 36 por cento xa en 2014, e en España situouse no 24,3 por cento, en Galicia foi do 21,3 por cento no ano 2017. Acusou á Xunta de “mentir” cando a directora xeral de Calidade Ambiental vendeu como un éxito que en 2017 se reciclara un 2 por cento máis que no ano anterior, cando no Estado fora un 3,41 por cento máis.

Ademais, censurou a nula resposta do goberno galego aos retos medioambientais establecidos polo goberno estatal en base á 1ª Estratexia de Economía Circular que inclúe un plan inicial de actuacións para o período 2018-20 seguindo as directrices comunitarias. A Xunta, dixo, apenas atende a dous dos 6 aspectos específicos.

Deste xeito, criticou a escasa atención á reutilización de augas, armonización fiscal, tratamento de residuos procedentes da construción e das demolicións ou tratamento de lixo mariño, que “apenas mencionan moi por riba”. Criticou que “nin mencionan” o obxectivo de redución da obsolescencia, ou a escasa atención aos residuos alimentarios, con apenas un proxecto piloto de 300.000 euros.

Os socialistas reclamaron neste sentido o control da contaminación lumínica, un mellor tratamento de residuos, a introdución de sistemas de xestión, depósito, devolución e retorno, ou incorporar o combate contra a pobreza enerxética. Tamén propuxo unha nova fiscalidade “verde” máis xusta, o impulso de vehículos “limpos”, o impulso das enerxías renovables e poñer o acento no valor dos montes e da política forestal.

Conselleira reciclable

Vilán ironizou coa traxectoria política “reciclable” da conselleira de Medio Ambiente, que está nas portas de presentarse como candidata á alcaldía de A Coruña logo de ter pasado polo Igape, a delegación provincial da Consellería de Pesca. Tamén foi, lembrou, parlamentaria autonómica, conselleira de Traballo e Benestar e, agora, conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

Sinalou que “din os economistas que a economía circular supón reducir tanto a entrada de materiais como a produción de refugallos virxes” para potenciar a reutilización, e sinalou que “lendo o seu currículo, vostede é un exemplo vivo de reutilización”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57