Categorías: Actualidade

Noelia Otero insta á Xunta a que presione para que o impacto sobre o emprego na venda de Barreras sexa o mínimo posible: “A Xunta debe asumir responsabilidades e non ser un mero espectador dos acontecementos”

Censura a “pasividade” da Xunta en todo o proceso de venda e concurso e lamenta a “falla de contundencia” na defensa da viabilidade do emprego

A deputada viguesa Noelia Otero pediu hoxe á Xunta que medie e exerza presión para que o impacto sobre o emprego na venda de Barreras sexa o mínimo posible. Fíxoo, hoxe, na Comisión de Industria do Parlamento, a través dunha pregunta oral ao goberno galego, despois de que nas últimas horas o administrador concursal propuxese adxudicar o estaleiro vigués ao grupo naval asturiano Armón.

“A Xunta vén de retratarse”, sentenciou a socialista tras escoitar ao director xeral do IGAPE, a quen a Xunta enviou a contestar unha pregunta sobre o emprego da empresa. “Non fala de Barreras, non fala de emprego e fala só de xeneralidades, unha vez máis a Xunta nin está nin se lle espera”, censurou a socialista, tras lamentar a “pasividade” do Executivo autonómico en todo o proceso para defender “máis de 120 postos de traballo altamente cualificados”.

A proposta da administración concursal, que só compromete unha vintena de traballadores e traballadoras e deixaría na rúa a un centenar, “non é unha boa nova” e “caeu como unha xerra de auga fría” entre sindicatos e persoal, sinalou a socialista, tras incidir en que a oferta que ocupa a posición destacada “é a que máis prexudica ao emprego” e, de feito, “os sindicatos prefiren a proposta do grupo asturiano Gondán”, xa que que se comprometeu a asumir todo o persoal.

“Son moitas as dificultades que teñen padecido as traballadoras e traballadores estes últimos anos, o seu esforzo e responsabilidade ten permitido salvar moitos obstáculos, polo que, tanto polo valor da súa experiencia e alta capacitación como polos sacrificios que asumiron todo este tempo, o feito de que a nova etapa de Barreras veña marcada por un multitudinario despedimento sería unha nova de grande tristura”, sinalou a socialista.

“DECISIÓNS INTERESADAS E NEFASTAS, SALPICADAS MESMO DE CORRUPCIÓN”

Neste sentido, incidiu, foron as “malas decisións e mesmo malas prácticas as que deixaron a un dos máis importantes e máis grande estaleiro privado do Estado nunha ruinosa situación económica”, xa que especialmente nesta última década a empresa “viuse embazada por decisións interesadas e nefastas, salpicadas mesmo de corrupción como foi o fiasco e fraude de Pemex da man do saínte presidente da xunta, o señor Feijóo”.

Unha decisión que “non podemos esquecer nin borrar”, incidiu, xa que “supuxo entregar o 51% do histórico estaleiro a mans mexicanas, sacar de Vigo o centro de decisión e, destes polvos, como sempre dicimos, boa parte destes lodos”. “Todos os xestores mexicanos implicados naquela operación foron detidos ou imputados por distintos casos de corrupción”, lembrou, mesmo Emilio Lozoya foi arrestado en España e extraditado por subornos.

Así, trala “insultante promesa” de saturar as bancadas de Beiramar con contratos por 300 millóns de euros, “nada saíu ben” e “non hai nin houbo nin se agarda a máis mínima autocrítica”, senón que, censurou a socialista, “seguen nas comparecencias bendicindo esta operación”.

A PARALIZACIÓN DOS ESTALEIROS NA RÍA DE VIGO “TEN XERADO UNHA PROFUNDA CRISE E INCERTEZA NO SECTOR E NA INDUSTRIA”

Tanto é así que neste “último e longo” proceso de venda e concurso, “asistimos a pasividade da Xunta e da Consellería de Industria, un exemplo máis do que vivimos na liquidación de Vulcano”, lembrou. “A paralización dos tres principais estaleiros privados da ría de Vigo ten xerado unha profunda crise, incerteza no sector e na industria”, sentenciou.

A pesar das “grandísimas e indiscutibles capacidades” de Barreras, lamentou, “estamos tristemente pregando acción, con respecto as decisións xudiciais, pero pedindo a contundencia que non a houbo na defensa da viabilidade do estaleiro e do emprego”. “A Xunta debe asumir responsabilidades e non ser un mero espectador dos acontecementos”, concluíu.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18