Categorías: Actualidade

Noelia Otero alerta das consecuencias sociosanitarias da pandemia provocadas pola a falla de resposta da Xunta, como constata o informe da Valedora

A portavoz do Grupo Socialista na Comisión de Peticións á Valedora do Pobo, Noelia Otero, alertou hoxe de que as queixas rexistradas pola Alta Comisionada “dan a medida das consecuencias sociosanitarias da pandemia provocadas pola falla de resposta da Xunta”. Así o dixo na comparecencia de Fernández Galiño para presentar o informe anual do pasado ano 2020, “marcado pola covid e as súas consecuencias nas persoas máis vulnerables”.

Otero apunta que a Consellería de Sanidade foi a destinataria dun maior número de queixas, sinaladamente polas listas de espera e as dificultades de atopar cita e recibir atención nos centros de saúde, así como o colapso das liñas telefónicas ou os problemas da atención presencial. Ademais, sinalou o “desamparo daquelas persoas que rexeitan ser derivadas a centros privados e pasan a ocupar “o limbo das listas non estruturais, á marxe dos tempos de espera legais”.

A responsable socialista apunta que o informe da “a fotografía da gran vulnerabilidade que padecen os nosos maiores, que a pesares de vivir nun país cuns datos de avellentamento importantes, carece dunha Lei que os ampare, e nin tendo as competencias corrixen as políticas e as prácticas que nos sacaron as vergoñas”.

Noelia Otero apuntou que “estamos a ver a factura das políticas de desmantelamento das residencias públicas, da súa privatización, así como a dos coidados dos maiores e dos máis vulnerables”. Apuntou que esta situación explica que “non hai sociedade que resista –e do vivido compre aprender e tomar nota- sen a solidez dun sistema baseado na xustiza social”.

Lamentou que o desinterese do goberno galego na aplicación da Lei da Dependencia convirte ano tras ano de informes da Valedora nunha sorte de “día da marmota”, onde “volvemos atopar de novo queixas polas valoracións da Dependencia”, sinaladamente polo incremento dos tempos de espera.

O informe correspondente ao ano 2020 tamén pon o acento sobre as eivas na atención ao alumnado con necesidades educativas especiais, así como pola falla de protección do patrimonio, a discriminación por cuestión de xénero no acceso á profesión xudicial ou nos atrasos provocados na xustiza pola situación de colapso do Instituto de Medicina Legal de Galicia.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18