Categorías: Actualidade

Noa Díaz urxe á Xunta a reestablecer o servizo de Pediatría no Centro de Saúde de Conxo

Noa Díaz critica o estado “deficitario” no que se atopa a infraestrutura e a “inacción” do goberno galego que se comprometeu a habilitar un novo espazo para o centro, pero “de momento non existe partida orzamentaria concreta nin prazos de execución”

A deputada santiaguesa, Noa Díaz, vén de urxir á Xunta a reestablecer o servizo de Pediatría no Centro de Saúde de Conxo. Fíxoo, a través da presentación dunha batería de iniciativas no Parlamento galego.

“O servizo de Pediatría do centro de saúde de Conxo funcionaba diariamente ata que, hai un mes, pasou a ofrecerse só dous días á semana de maneira presencial”, alertou a socialista, quen sinalou que a veciñanza “está estes días a recibir a información de que existe a intención de suprimilo en próximas datas, trasladando dita atención ao Centro de Saúde Concepción Arenal”.

Nesta liña, Díaz criticou “o deterioro, cada día maior, en materia asistencial” que está a sufrir a sanidade en Galicia, “sendo cada vez máis os centros que adoecen de falla de persoal para dar a cobertura axeitada á poboación”.

Doutra banda, a responsable socialista urxiu á Xunta que execute o seu compromiso de habilitar un novo espazo para o Centro de Saúde de Conxo para o que “non existe unha partida orzamentaria concreta nin prazos de execución previstos”.

A responsable socialista sinalou que o novo centro de saúde é “unha reivindicación histórica da veciñanza” e “moi necesario, tendo en conta que Conxo é precisamente a zona cara a onde está experimentando máis expansión a cidade de Santiago, prevéndose un aumento da poboación nos vindeiros anos”.

“As instalacións actuais do centro atópanse nun estado moi deficitario e, por se iso fose pouco, a falla de protocolos covid axeitados obriga a que a veciñanza, moita dela envellecida, teña que agardar a ser atendida de pé, na rúa, soportando as inclemencias climatolóxicas”, aseverou a socialista.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08