Categorías: Actualidade

Noa Díaz critica o “desleixo e abandono” da Xunta ao Concello de Rianxo

A deputada socialista urxe “solucións urxentes” diante  da morte da cría do marisco que “compromete” a campaña extractiva dos traballadores e traballadoras do marisqueo no municipio

A socialista Noa Díaz vén de visitar Rianxo para avaliar as necesidades do concello, xunto á voceira socialista e tenente de alcalde no municipio, María del Carmen Figueira.

Díaz criticou o “desleixo e abandono” da Xunta co Concello de Rianxo que, ao igual que outros moitos municipios galegos, “están afogados”, xa que “asumen unha cantidade inxente de competencias que non lle son propias, a conta dos seus propios orzamentos e sen ningún tipo de aportación por parte do gobierno galego”.

Logo de manter unha xuntanza na Confraría de Pescadores de Rianxo co seu patrón maior, Miguel Iglesias, a responsable socialista pediu ao goberno galego “solucións urxentes” para o sector diante da morte da cría do marisco  que se está a producir no municipio “a causa da contaminación da ría e da baixa salinidade da auga”.

Así, sinalou que os responsables da confraría “están moi preocupados, xa que xa extraeron máis 10.000 quilos de cría de marisco morto”, o que “compromete” a campaña extractiva e, en consecuencia, o seu medio de vida.

“Pedímoslle á Xunta de Galicia que promova a interlocución coas mariscadoras e mariscadoras para informar sobre as datas nas que realizan as botaduras ao río dende o encoro de Portodemouros para poder tomar medidas”, sinalou a socialista, quen subliñou a importancia da “planificación e coordinación” cos traballadores do marisqueo para evitar danar a súa actividade laboral.

Nesta liña, Díaz incidiu na importancia de “controlar os vertidos ao río Ulla” para evitar os problemas de contaminación que se están a producir nos últimos anos e que están a afectar á produción de marisco.

Por último, a socialista instou ao goberno galego a “apoiar o proxecto do centro de día impulsado polo Concello de Rianxo”, xa que “fronte as achegas de fondos da Deputación da Coruña para a súa reforma e equipamento, a Xunta non está a aportar nada”. Así, pediu ao goberno galego que “colabore tamén na posta a punto e no mantemento das instalacións” e que ademais “asuma a súa xestión”, xa que o municipio carece deste servizo.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08