Categorías: Actualidade

Noa Díaz urxe á Xunta a presentar o Plan de Arquivos de Galicia, que tiña que ter aprobado hai sete anos

A portavoz de Cultura do Grupo Socialista, Noa Díaz, reclámalle á Xunta que presente antes de que remate o ano un Plan de Arquivos de Galicia, dando cumprimento á Lei de arquivos e documentos de Galicia, que en 2014 daba un ano para que fora aprobado. Este retraso, sinala, “proba a desidia” do goberno galego diante do estado de “total precariedade” dos arquivos de Galicia.

Díaz presenta esta iniciativa con motivo da conmemoración, hoxe, do Día Internacional dos Arquivos, e lembra que “os arquivos son instrumentos que garanten a pervivencia da nosa memoria colectiva, social e institucional, á vez que aseguran unha mellor e maior gobernabilidade”. Actualmente o estado dos arquivos públicos de Galicia é crítica, “consecuencia da ausencia dunha política arquivística a medio e longo prazo”.

O desleixo do goberno galego, engade, “ten como resultado a perda inxente de documentación, co que periga non só o noso patrimonio, senón tamén a posta en marcha da administración electrónica de maneira eficaz”. Reclama por iso comezar polo Plan de arquivos, que tiña que ter sido aprobado hai 7 anos para “avaliar as necesidades de persoal e de infraestruturas dos arquivos do Sistema de Arquivos da Xunta de Galicia.

Reclama un “verdadeiro proxecto estruturado para a configuración, organización, integración, servizo e difusión dos arquivos de Galicia”, así como “accións inmediatas para os arquivos que precisen accións urxentes”. Ademais, reclama incluír a perspectiva de xénero “dende tódalas ópticas posibles”, que pasa por incorporar marcadores ad hoc nas ferramentas de busca e difusión do patrimonio documental, así como utilización de linguaxe non sexista.

O Grupo Socialista reclama a convocatoria urxente de prazas de arquivistas, que rematen coa precariedade laboral que padece este corpo, así como incorporar aos orzamentos do goberno galego “dunha partida suficiente para solucionar o problema dos espazos físicos”. Ademais, esixe “unha política de selección documental sólida que evite a destrución case indiscriminada de documentos en procesos apresurados que privan a memoria de fontes primarias”.

Noa Díaz inclúe ademais a creación e dotación de arquivos centrais nas consellerías, así como unha liña de axudas específica, acordada coa Fegamp, para a contratación de persoal cualificado para traballar nos arquivos municipais.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28