Categorías: Actualidade

Noa Díaz urxe á Xunta a iniciar o expediente de caducidade da concesión mineira da Casalomnga para que o propietario cumpra as obrigas ambientais

Censura o “abandono absoluto das instalacións” que implica unha “altísima perigosidade”

A deputada socialista pola provincia da Coruña, Noa Díaz, urxe á Xunta a iniciar o expediente de caducidade da concesión mineira de A Casalonga para que o propietario cumpra as obrigas ambientais. Fíxoo, hoxe, na Comisión de Industria do Parlamento a través da presentación dunha pregunta ao goberno.

“O total abandono das instalacións a consecuencia da inexistencia de actividade está a provocar o inicio dun vertedoiro incontrolado de residuos nas parcelas da canteira, con denuncias da policía autonómica e cun déficit absoluto de seguridade na zona, do que son coñecedores na Dirección Xeral de Minas e na Dirección Xeral de Medio Ambiente”, sinalou a socialista.

Así, Díaz censurou que a Xunta arquivase o expediente de caducidade da actividade que iniciara en 2019 “con total opacidade” sen notificarse nin á Plataforma nin ao Concello. Ademais, lamentou que “a situación actual é que o Concello non ten ningunha información sobre o plan de restauración da mina en vigor, o plan de labores nin a documentación sobre seguridade e saúde pública para o ano 2021, aínda que está solicitado o acceso desde hai meses a esta documentación”.

Neste senso, a responsable socialista alertou do “abandono absoluto” das instalacións que implica unha “altísima perigosidade”. “O temor da veciñanza non é infundado e teñen razóns de moito peso para sospeitar que o que alí se pretende facer é un vertedoiro”, sentenciou.

De feito, sinalou que a Policía Local de Teo alertaba  un informe de agosto de 2020 da “deficiente seguridade e sinalización da canteira” asegurando, textualmente, que “o seu deficiente estado de conservación e aparente falla de actividade na antiga canteira de Carballal están a xerar outros riscos asociados como poden ser verteduras de inertes na zona que están a proliferar nos últimos tempos podendo apreciarse varios puntos de acumulación de residuos”.

Por todo isto, a responsable socialista pediu tamén ao goberno galego que leve a cabo “a obrigada actualización” do Plan de Restauración da concesión de explotación de Casalonga, así como que proceda ao cambio da normativa autonómica para prohibir as actividades de xestión de residuos en solo rústico próximo a zonas residenciais.

UN NOVO CONFLITO: A EXPROPIACIÓN DO VIARIO

Doutra banda, Díaz criticou a posibilidade de que a Xunta de Galicia autorice a expropiación do viario da canteira da Casalonga solicitado pola empresa Toysal cando o Concello de Teo presentou alegacións o 18 de decembro de 2020 “por canto asume que é unha pista municipal como así se recoñeceu no proceso de concentración parcelario de Calo”.

Así, sinalou, “cinco meses despois destas alegacións, a Xunta aínda non arquivou o expediente e tamén descoñecemos o por que” cando ademais, o propio concello “fixo hai pouco tempo uns traballos de acondicionamento e sinalización pro canto é unha estrada que comunica os dous concellos”.

Nesta liña, destacou Díaz, “a última nova que teñen no Concello de Teo de Minas da Xunta de Galicia é o rexeitamento da condición de interesado do Concello de Teo nos expedientes da concesión mineira da Casalonga, o que apunta a que pensa darlle a razón a empresa concesionaria”, o cal, “de ser certo é algo inexplicable”.

Finalmente, a voceira socialista lamentou as respostas ofrecidas pola directora xeral, xa que “semella que lle están a poñer unha alfombra vermella á empresa, tanto na expropiación do viario como coa suspensión da  actividade”.

Ao rematar a comisión, Díaz mantivo unha xuntanza coa Plataforma ‘Casalonga limpa de residuos’ que estivo no Parlamento para seguir dende a comisión dende o Grupo Parlamentario Socialista.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28