Categorías: ActualidadeNovasParlamento de GaliciaPortada

Noa Díaz pon en evidencia a conivencia da Xunta coa empresa concesionaria da mina de Casalonga

A deputada do PSdeG alertou de que o goberno galego “está xogando co noso país, destruíndo todo aquilo que pasa polas súas mans para poñelo ao servizo das empresas”

A parlamentaria socialista Noa Díaz puxo de manifesto hoxe a “absoluta conivencia” do goberno da Xunta con Toysal, a empresa concesionaria da mina de Casalonga. Como proba desta afirmación, Noa Díaz fixo referencia ás dúas últimas resolucións da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais sobre os plans de Toysal, unha delas referida ao plan de restauración e a segunda á titularidade da estrada que cruza a canteira.

En ámbolos dous casos, lembrou Noa Díaz, “as resolucións foron favorables ás demandas de Toysal”. E en ambos casos, ironizou, aprobáronse “en pleno mes de agosto nun exercicio encomiable de transparencia informativa” tendo en conta que se trata “dun mes escuro administrativamente e moi dado á aprobación de expedientes opacos e incómodos”.

Neste contexto, Noa Díaz indica que diante destas resolucións xorden “moitísimas dúbidas” sobre un proceso “que ten bastante máis sombras que luces”. Un escenario de dúbidas que se incrementa despois de que o vicepresidente segundo da Xunta e conselleiro de Industria “mentise en sede parlamentaria” ao intentar xustificar que Toysal está desenvolvendo unha actividade mineira en Casalonga cando non é así. De feito, “dende que Toysal  mercou a mina non houbo alí actividade mineira algunha salvo algún conato para tentar xustificar un inexistente traballo”.

Con este punto de partida, Noa Díaz instou á Xunta a aclarar, entre outras cousas, se existe algún “trato de favor a Toysal”, tal e como denuncian a plataforma veciñal e o grupo municipal socialista. Nesta liña incide en que a Xunta aprobou “un plan de restauración cheo de falsidades que non recolle en absoluto o estado actual da canteira”, así como “o inicio da expropiación dun vial que é de uso veciñal desde hai anos”. “E todo”, conclúe Noa Díaz, “en beneficio dunha empresa de xestión de residuos, transformada, seica, en concesionaria mineira e reforestadora de eucaliptos”.

De maneira específica, con respecto á “mínima” actualización do plan de restauración, Noa Díaz tamén lle reclama ao goberno galego que aclare se “dá por boa a situación dunha canteira e dunha paisaxe que na actualidade en nada se parece á que había hai 20 anos”. Por outra banda, a deputada do PSdeG tamén amosou a súa preocupación polo futuro da lagoa, “que hoxe é en si mesma un ecosistema natural propio”. “Contan con protexela e conservala”, preguntou Noa Díaz, “ou van permitir que desapareza cometendo así un acto criminal medioambiental?”

En paralelo, a parlamentaria do PSdeG interesouse polo destino de “todos eses restos mineiros e non mineiros que agora están espallados por toda a zona  debido aos anos de abandono desa canteira que, segundo a Xunta, sempre estivo activa”. “Que vai pasar con eses 400.000 metros cúbicos de residuos non mineiros”, inquiriu, “irán parar á lagoa?”

En conclusión, Noa Díaz sinalou que “están vostedes xogando co noso país, destruíndo todo aquilo que pasa polas súas mans para poñelo ao servizo das empresas”. Unha situación que “para nós, ao igual que para a veciñanza de Teo, é terriblemente frustrante, porque actúan vostedes con total impunidade”.

Por último, a deputada do PSdeG quixo poñer en valor “o inxente e incansable traballo nesta loita” da Plataforma Queremos Casalonga Limpa de Residuos e do grupo municipal socialista no concello de Teo.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28