Categorías: ActualidadeNovasParlamento de GaliciaPortada

Noa Díaz alerta da falta de medidas contundentes de prevención da Xunta fronte ao “terrible e preocupante” escenario da violencia machista e sexual en Galicia

Lamenta que o goberno galego careza dunha estratexia integral e se limite a ofrecer datos xerais nesta materia “sen facer ningunha avaliación e sen entrar no fondo do asunto”

A deputada socialista Noa Díaz  denunciou hoxe a ausencia de medidas específicas de prevención por parte da Xunta para combater a violencia machista e sexual en Galicia. Nesta liña, incidiu na necesidade de poñer o foco nos homes e na mocidade.

Así o demandou durante a comparecencia da secretaria xeral de Igualdade na Comisión 5ª do Parlamento galego para dar conta do informe anual de seguimento da Lei para a prevención e o tratamento da violencia de xénero, do de prestacións ás vítimas e do de violencias sexuais.

Neste escenario, a parlamentaria do PSdeG advertiu que, unha vez máis, o goberno galego limítase a ofrecer datos xerais sen facer ningunha avaliación nunha materia “tan transcendental e urxente”. A maiores, lamentou a ausencia dunha “ningunha medida nova de calado” ante un escenario da violencia machista en Galicia “terrible e preocupante”.

Como mostra disto, Noa Díaz sinalou que as denuncias por violencia de xénero se incrementaron en case un 3 por cento, chegando ata as 6.259 mulleres “aterradas” no noso país. Tamén lembrou que o machismo se cobrou o ano pasado a vida dunha muller, asasinada na Coruña, ou que os casos de violencia sexual se incrementaron nun 30 por cento.

Por iso, na súa intervención, botou en falta políticas “contundentes” por parte da Xunta, “deixando a un lado que en termos xerais están a facer unha boa labor no que ten que ver coa protección  ás mulleres vítimas”. “Pero ata aí”, zanxou, “pouco máis, ningunha estratexia global”.

VIOLENCIA DE XÉNERO

Polo miúdo, Noa Díaz debullou as “feblezas” detectadas en cada un dos eidos de actuación. Así, no referente a violencia de xénero, explicou que as liñas de actuación do goberno galego nesta materia foron practicamente as mesmas e que, incluso, se fixo menos traballo que no ano 2020.

De “demencial” cualificou o apartado dedicado á CRTVG, xa que “despois de todos os episodios que temos vivido e que estamos a vivir” a secretaria xeral de Igualdade segue sen asumir “a súa obriga de controlar o escrupuloso cumprimento das normas básicas con respecto á muller”. “Esixímoslle contundencia nesta materia”, demandou.

Noa Díaz tamén lamentou que a Xunta non vaia elaborar un segundo Plan de Igualdade para os centros educativos, porque os van integrar no Plan estratéxico que xa están preparando. Porén, a deputada socialista considerou “máis necesario que nunca” traballar de maneira concreta nese ámbito, “que a día de hoxe nin sequera teñen avaliado”.

VIOLENCIA SEXUAL

Con respecto á violencia sexual, Noa Díaz pediulle “dilixencia” á Xunta ante o aumento dos casos. Tras lembrar que, segundo a enquisa realizada a finais de 2020, a cidadanía considera que este tipo de delitos veñen motivados pola insuficiente educación sexual entre a mocidade ou polo consumo de pornografía, Díaz botou en falta campañas dirixidas exclusivamente aos homes, que “en porcentaxes nada esperanzadores parecen buscar agravantes nestas condutas criminais”, e tomar en serio a educación sexual no ámbito educativo.

“Á vista está que queda moito por facer na sensibilización sobre esta cuestión”, afirmou antes de reiterar que “no PSdeG temos claro que a violencia machista, a violencia sexual, se combate con prevención: sensibilización e educación”. Nesta liña, advertiu que esta prevención “non pode quedar nas mans da vontade ou dos recursos da comunidade educativa”. Por iso, “esiximos máis”.

PRESTACIÓNS ÁS VÍTIMAS

Neste eido, incidiu tamén na necesaria avaliación dos datos porque o informe ofrece numerosos gráficos e datos sobre solicitudes, concesións e denegacións, pero “sen entrar no fondo do asunto”.

Así, preguntou a que se debe que nos últimos catro anos medrasen exponencialmente as solicitudes destas prestacións ou por que 3 de cada 4 peticións corresponden ás provincias da Coruña e Pontevedra. Tamén se interesou polo feito de que a maioría das beneficiarias residan en contornas non urbanas, que o 80 por cento estean en situación de desemprego ou que o 72 por cento teña menos de 46 anos.

Finalmente, Noa Díaz puxo de relevo que do total de beneficiarias desas prestacións só dúas son vítimas de trata. Ao fío disto, lembrou a petición socialista goberno galego a axilizar o proceso para acreditar ás posibles vítimas de trata ou explotación sexual co fin de garantir o seu acceso a recursos asistenciais e económicos. Esta posibilidade, lembrou, contémplase no recente o Real decreto-lei polo que se adoptan medidas urxentes no marco do Plan Nacional de resposta ás consecuencias económicas e sociais da guerra en Ucraína

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57