Categorías: Actualidade

Monográfico sobre igualdade de xénero no próximo Pleno do Parlamento

A viceportavoz do Grupo Socialista, Patricia Vilán, anunciou hoxe que tódalas iniciativas presentadas polos socialistas galegos para o próximo Pleno centraranse na igualdade de xénero. Así o dixo logo da Xunta de Portavoces que fixou a orde do día da próxima sesión, que se celebrará na véspera do 8 de marzo, Día da Muller, e na que o portavoz socialista preguntaralle a Feijóo polas políticas de Igualdade da Xunta.

Vilán apuntou á conmemoración deste ano, no que as deputadas socialistas secundarán os paros puntuais convocados polos sindicatos como medida de reivindicación dunha igualdade real e efectiva. Amosou o respaldo dos socialistas galegos a esta conmemoración que lembra o falecemento dun cento de mulleres traballadoras nunha factoría de Nova Iorque a comezos do século XX.

Apuntou que “hoxe as mulleres do mundo occidental non son queimadas polas súas reivindicacións, pero aínda estamos lonxe da igualdade real”, e sinalou así ás diferenzas laborais e salariais entre homes e mulleres. Apuntou que hoxe as mulleres cobran un 23 por cento menos que os homes polo mesmo traballo e apelou á proposición non de Lei que presentarán para reclamarlle medidas ao goberno galego neste sentido.

Tamén incluirán unha proposición non de Lei para demandar que converter os patios dos centros educativos en “espazos de relación coeducativos nos que se promova a igualdade e se rompan as dinámicas de xerarquías e de estereotipos de xénero. A interpelación dos socialistas galegos centrarase na política da Xunta de Galicia para acadar a igualdade entre homes e mulleres nos ámbitos da ciencia, a tecnoloxía e a I+D.

O Grupo Socialista levará tres preguntas orais ao próximo Pleno para reclamarlle á Xunta un Plan específico de atención integral ás mulleres na sanidade pública, o prazo previsto para habilitar a contratación directa dos profesionais das oficinas xudiciais de atención psicolóxica ás vítimas de violencia machista. A última das preguntas centrarase nas medidas da Xunta para recoñecer o labor das traballadoras do mar.

Xustiza

Patricia Vilán aludiu tamén á comparecencia do vicepresidente da Xunta para dar conta do conflito cos traballadores e traballadoras da Xustiza, que el mesmo solicitou esta mesma mañá logo de que o fixeran onte os tres grupos da oposición e de que os traballadores solicitaran a mediación do Consello Galego de Relacións Laborais e fixeran unha chamada ao conselleiro de Emprego e Industria.

Vilán responsabilizou ao conselleiro de pasar á Xustiza “de estar nas urxencias e desatendida a pasar directamente na UCI, nunha parálise absoluta”, e acusou ao goberno galego de “cercenar o dereito á tutela xudicial efectiva dos cidadáns e cidadás”. Considera “preciso” que o vicepresidente da Xunta “se sente e demostre se realmente está á altura das circunstancias”.

Apelou á capacidade de Rueda para poñer de acordo aos departamentos da Xunta implicados, que son Emprego, Xustiza e Facenda, ou “do contrario quizais sexa o momento de que Feijóo asuma a súa condición de presidente e sexa quen poña de acordo a tódalas consellerías no mesmo camiño”.

Os socialistas galegos respaldaron hoxe as “reivindicacións lexítimas” dos traballadores da Xustiza e reclamaron de novo que o vicepresidente os atenda. Puntualizou que “non entendemos por que non quere baixar da súa peana para mirar cara a cara aos traballadores cando ata o ministro de Xustiza terá un encontro cos traballadores para darlles conta da reforma do Rexistro Civil.

Instou ao conselleiro a cumprir coa moción socialista que aprobou o Pleno do Parlamento en decembro co seu propio voto a favor. Daquela apoiaron situar as retribucións dos traballadores na media do Estado, consolidar prazas estruturais, repoñer aquelas que foron amortizadas ou acabar coa súa discriminación co resto do Estado.

A responsable socialista asegurou que os socialistas galegos continuarán apoiando ás reclamacións dos traballadores e traballadoras “na rúa e en tódalas institucións representativas”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13