Categorías: Actualidade

Miñones reafirma en Noia o apoio do Goberno ao sector da Pesca de Galicia, a que máis axudas directas recibiu do Estado

O cabeza de lista do PSOE ao Congreso por A Coruña alerta fronte ao risco de regresión de trasladar a toda España o programa de recortes que PP e Vox amosaron en Estremadura, Castela e León ou Valencia

O cabeza de lista do PSOE ao Congreso por A Coruña e ministro de Sanidade, José Miñones, reafirmou hoxe o respaldo do goberno encabezado por Pedro Sánchez ao sector da pesca de Galicia. Así o dixo logo dun encontro coas confrarías en Noia, onde fixo balance das medidas aprobadas nestes 5 anos e analizou o impacto da mina de San Finx autorizada pola Xunta sobre o medio ambiente e os bancos marisqueiros da Ría.

Miñones confirmou que a pesca galega continuará a recibir o apoio dun goberno de España encabezado polo PSOE nos vindeiros 4 anos tal e como fixo cunha batería de axudas para afrontar as consecuencias da pandemia e da guerra de Ucraína. Apuntou que esta mesma semana o goberno vén de aprobar 47 millóns de euros de axudas directas para Galicia, case a metade do total e a que máis recibiu do Estado.

Lembrou as medidas específicas para o sector incorporadas ao Real Decreto de axudas para afrontar a crise derivada da invasión de Ucraína, con fondos directos para as confrarías e medidas para afrontar o sobrecuste do combustible.

Pediu o apoio do sector para avanzar no desenvolvemento de medidas como a Lei de Pesca Sostible, que permitiu avanzar nos dereitos das redeiras e mariscadoras, garantindo as cotizacións, as pensións e a redución de cuotas á Seguridade Social. Emprazou a afrontar os próximos 4 anos co obxectivo de defender ao sector en Europa e que “non se retroceda un só dereito nun sector clave para Galicia.

Tamén analizou o elevado risco de vertidos que supón a reactivación da mina de San Finx, que vén de autorizar o goberno galego e que pon na diana a continuidade dos bancos marisqueiros da Ría de Noia, así como a boa saúde medioambiental dun entorno fundamental.

Quitarlle a careta ao PP

O candidato socialista alertou do risco de regresión que supón a dupla Feijóo – Abascal no Estado, como están a demostrar na aprobación dos gobernos de Valencia e Estremadura esta mesma semana. Así o veñen amosando, dixo, nos gobernos de Castela e León e “tantos concellos nos que están xa a desgobernar os dereitos das mulleres, das persoas LGTBI e tamén da cultura” recuperando a censura.

Estas experiencias, sinalou, serven para “quitarlle a careta do que son realmente Feijóo e Abascal” e saber “o que queren facer con España e con Galicia”. Emprazou a comparar este programa co balance de 5 anos de goberno “de avance” e de políticas progresistas que permitiron disparar a creación de emprego, subir as pensións co IPC, subir o salario mínimo, o avance social e as infraestruturas.

Subliñou que “se a xente mira polo seu propio interese e o que fixo o seu propio goberno acabará votando ao PSOE”, logo da “experiencia propia” á hora de “atopar traballo, recibir a pensión e ver como aumentou o salario mínimo”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O Parlamento aproba a proposta socialista para instar á Xunta a promover políticas que impulsen a incorporación da muller ao traballo de calidade

Carmen Rodríguez Dacosta criticou que o PP, cando chegou ao Goberno no 2009, “eliminou todas as políticas de igualdade no…

14/05/2024 20:09

O PP vota no Parlamento en contra das bonificacións ás peaxes

Carlos López Font presenta no Parlamento como emenda o acordo de investidura coa proposta “sensata e coherente” para ir cara…

14/05/2024 19:35

O Parlamento aproba unha proposta socialista para reclamarlle ao PP que levante o bloqueo á renovación do CXPX

Paloma Castro denuncia a “utilización política” con Consello Xeral do Poder Xudicial por parte do PP e reclámalles que cumpran…

14/05/2024 19:23

Silvia Longueira reclama un novo modelo de atención temperá ampliando o servizo de acordo co sector asociativo

Apunta ao reaxuste do modelo como “momento óptimo para atender ás demandas de tódalas asociacións que traballan pola plena inclusión”…

14/05/2024 14:19

Besteiro pide o consenso parlamentario para defender a oficialidade do galego na Unión Europea

O voceiro do Grupo Socialista sinalou, nunha comparecencia acompañado polo eurodeputado Nicolás González Casares, a necesidade dun acordo de país…

13/05/2024 16:56

Carmen Dacosta cualifica de “incoherente e lesiva” a extinción da Axencia Galega da Industria Forestal por parte da Xunta

Considera “un gran paso atrás” a supresión do organismo para traspasar as competencias á Consellería de Economía   A portavoz…

12/05/2024 11:00