Categorías: Actualidade

Martín Seco urxe á Xunta que abra o proceso de negociación para acordar un novo plan sectorial eólico

O portavoz de Industria do Grupo Socialista, Martín Seco, emprazou hoxe á Xunta a “abrir un proceso de negociación para chegar a un novo plan sectorial eólico”. Así o dixo no Pleno do Parlamento no que presentou unha interpelación logo de que o Parlamento aprobara incluír unha emenda socialista para esixir garantías, antes de estudar a implantación da eólica mariña, de que esta non vai afectar á pesca nin ao medio ambiente”.

Seco esixiulle ao goberno galego que modifique o modelo actual para “darlle seguridade á cidadanía de que a instalación de novos parques eólicos van respectar o noso territorio, a calidade de vida dos cidadáns do rural, a viabilidade das explotacións agrarias e o respecto ao patrimonio cultural, ao medio ambiente e á paisaxe”.

Sinalou que o plan actual “non responde á realidade actual e non foi sometido a un estudo de avaliación ambiental estratéxica”. Avogou por “estudar a situación de Galicia en conxunto, establecendo onde deben situarse as novas eólicas e cales son as zonas que debemos preservar” fronte a nus muíños que “nada teñen que ver cos dos anos 90”, e que poden chegar aos 200 metros de altura.

Reclamou protexer as zonas de ampliación da Rede Natura, así como os humidais de Galicia, incorporando medios para mellorar as rendas que chegan aos propietarios dos terreos garantindo negociacións equilibradas cun contrato tipo e unha base pública de información de prezos. Instou a mudar o marco regulador para que antes dunha expropiación, o promotor xustifique unha negociación, así como maior repercusión económica nos concellos e comunidades rurais.

O responsable socialista advertiu de que “todo proxecto de enerxía eólica que chega a Galicia debera de ser analizado con sentidiño e mesura”, devolvendo a “participación e a transparencia”, mentres a sociedade galega “ten a percepción de que a Xunta traballa para beneficiar os intereses das grandes compañías enerxéticas do país”.

Así sucede logo dos cambios na Lei de Simplificación, que fixo posible a implantación de eólicas fora das áreas de desenvolvemento e permitiu privatizar o servizo de inspección ambiental, mentres “son incapaces de modificar a planificación para aumentar a distancia mínima entre os muíños e as vivendas”. Explicou que a distancia cos núcleos rurais é de 500 metros, a metade que en Asturias e Valencia.

Garantías á pesca

O Pleno do Parlamento aprobou hoxe unha emenda presentada polo Grupo Socialista a unha proposta do PP para que, antes de estudar a implantación das explotacións eólicas mariñas, exista a garantía de que non afecten á pesca nin ao medio ambiente, e que ademais o seu desenvolvemento estea vencellado á implantación de industria asociada.

O viceportavoz do Grupo Socialista e responsable de Medio Ambiente, Pablo Arangüena, presentou esta emenda para poñer coto ao “manifesto desprezo pola conservación do medio ambiente” e á “descarada conivencia coas empresas do sector enerxético” por parte do goberno galego. Así o demostra o caso da ex conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, que pasou inmediatamente a traballar para unha empresa sobre a que tomara decisións na súa etapa de goberno.

Trátase, dixo, “dun caso de porta xiratoria do tamaño do Pórtico da Gloria”, por parte dunha ex responsable política que “hai un par de meses falaba da posibilidade de que a empresa para a que traballa presente un proxecto de eólica mariña que opte aos fondos Next Generation UE pedíndolle á Xunta menos burocracia”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Parlamento aproba a proposta socialista para instar á Xunta a promover políticas que impulsen a incorporación da muller ao traballo de calidade

Carmen Rodríguez Dacosta criticou que o PP, cando chegou ao Goberno no 2009, “eliminou todas as políticas de igualdade no…

14/05/2024 20:09

O PP vota no Parlamento en contra das bonificacións ás peaxes

Carlos López Font presenta no Parlamento como emenda o acordo de investidura coa proposta “sensata e coherente” para ir cara…

14/05/2024 19:35

O Parlamento aproba unha proposta socialista para reclamarlle ao PP que levante o bloqueo á renovación do CXPX

Paloma Castro denuncia a “utilización política” con Consello Xeral do Poder Xudicial por parte do PP e reclámalles que cumpran…

14/05/2024 19:23

Silvia Longueira reclama un novo modelo de atención temperá ampliando o servizo de acordo co sector asociativo

Apunta ao reaxuste do modelo como “momento óptimo para atender ás demandas de tódalas asociacións que traballan pola plena inclusión”…

14/05/2024 14:19

Besteiro pide o consenso parlamentario para defender a oficialidade do galego na Unión Europea

O voceiro do Grupo Socialista sinalou, nunha comparecencia acompañado polo eurodeputado Nicolás González Casares, a necesidade dun acordo de país…

13/05/2024 16:56

Carmen Dacosta cualifica de “incoherente e lesiva” a extinción da Axencia Galega da Industria Forestal por parte da Xunta

Considera “un gran paso atrás” a supresión do organismo para traspasar as competencias á Consellería de Economía   A portavoz…

12/05/2024 11:00