Categorías: Actualidade

Martín Seco urxe á Xunta a acondicionar as instalacións do IES Manuel Murguía de Arteixo, en estado “lamentable”

O parlamentario socialista Martín Seco reclamoulle á Xunta que comece co acondicionamento das instalacións do IES Manuel Murguía de Arteixo, actualmente nun estado “lamentable” e con risco para a seguridade dos alumnos e alumnas. Seco presentou unha proposición non de Lei para reclamar estas actuacións, ademais da construción dun novo centro de educación Primaria e Secundaria, que foi rexeitado polo PP.

Alertou da necesidade urxente de reformar as instalacións, que “amosan un aspecto lamentable e atópanse nunha situación vergoñenta por mor do desleixo da administración autonómica”. Seco enumerou as deficiencias do centro, sinaladamente cunhas instalacións deportivas en pésimas condicións e o edificio sur precisa da renovación da cuberta e das fiestras, mentres 3 de cada dez están pechadas para que non caian ao patio.

O centro, continuou, necesita un investimento urxente para a mellora enerxética, e as melloras tiveron que ser asumidas polo propio centro, sinaladamente para eliminar as fochancas da explanada de acceso, a instalación de cámaras de seguridade no perímetro ou o pintado do edificio anexo, que se utiliza como sección da escola de idiomas da Coruña.

Martín Seco sinalou que no curso 21/22 “temos 960 alumnos, 50 máis que o ano pasado e preto de 100 máis que hai dous, que son atendidos por 75 docentes, 19 menos que no ano pasado e só un máis que fai dous anos”.

Ademais, o centro tan só dispón dunha única orientadora para preto de 1.000 alumnos e alumnas, o que provoca que en determinados momentos sexa imposible cumprir coas ratios de gardas nos patios, que a biblioteca non poida abrir nos recreos e que se reduza a atención aos rapaces.

Novo centro

O responsable socialista sinalou que “ano tras ano, a Xunta orzamenta 50.000 euros para tomarlle o pelo á cidadanía de Arteixo e dicir que van comezar co proxecto dun novo centro educativo”. Así o dixo antes de constatar que “a realidade é que nin o Concello de Arteixo ten realizado o procedemento urbanístico para dotar ao Concello de solo para construílo nin a Xunta de Galicia ten ningunha intención en actuar sobre a saturación e a baixada da calidade educativa no Concello”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08