Categorías: Actualidade

Begoña Rodríguez Rumbo critica os orzamentos “continuístas” da Xunta: “Fracasan nos principais retos de impulso do crecemento económico, diminución de desigualdades e creación de emprego”

Sinala que “seguen empregando os mesmos programas dende hai 12 anos” e “non responden ás necesidades de Galicia para a súa recuperación económica”

A portavoz de Orzamentos do Grupo Socialista, Begoña Rodríguez Rumbo, criticou hoxe os orzamentos “continuístas” presentados pola Xunta de Galicia, no primeiro dos debates do proxecto de orzamentos que se levou a cabo no Parlamento.

“Estes orzamentos fracasan nos principais retos de impulso de crecemento económico, diminución das desigualdades e creación de emprego en Galicia”, sentenciou Rodríguez Rumbo logo de lamentar que “seguen empregando os mesmos programas dende hai 12 anos” e “non responden ás necesidades de Galicia para a súa recuperación económica”.

Ao fío disto, a responsable socialista incidiu en que “se o ano pasado os orzamentos tiñan que pór o acento na xestión das vacinas ao tempo que na economía e nos máis vulnerables, este ano deberan estar marcados pola recuperación” das persoas autónomas traballadoras, das empresas, dos sectores máis afectados e das persoas máis vulnerables.

“A política tense que mostrar útil e, nestes momentos, máis ca nunca”, subliñou Rodríguez Rumbo ao sinalar que é precisa unha recuperación “para que todos xuntos volvamos á senda do crecemento e que ninguén quede atrás”.

Rodríguez Rumbo lembrou que orzamentos galegos acadan os 13.118 millóns de euros “grazas aos recursos achegados pola Unión Europea e polo goberno de España”. Neste senso, sinalou que a “colaboración entre administracións” é “absolutamente necesaria cando falamos de temas de país”.

Fronte a isto, lamentou, “o presidente Feijóo aproveitou a pandemia para facer partidismo e cargar de todos os males ao goberno de Estado, en vez de poñerse ao seu carón e remangarse para traballar conxuntamente como si fixeron noutros estados e noutras comunidades autónomas”.

MÁIS ENDEBEDAMENTO

No eido do endebedamento, Rodríguez rumbo censurou que nos últimos 12 anos de goberno Feijóo este “creceu sempre”, segundo os datos extraídos do último informe de fiscalización do Consello de Contas, ata chegar a un 132%.

Por último, Rodríguez Rumbo censurou a rebaixa de impostos, xa que “se se fai unha análise real” esta rebaixa ten só impacto nas rendas máis altas, pero non nas medias nin nas baixas, o que incrementa as desigualdades entre os galegos e galegas.

SANIDADE E EDUCACIÓN

A responsable socialista criticou os “recortes en sanidade” que se produciron nos últimos 12 anos por parte da Xunta de Galicia, “fundamentalmente en atención primaria”. Así, lamentou que “á vista dos orzamentos, parece que o goberno galego non aprendeu nada” da pandemia cando segue a adolecer de “eivas” como listas de agarda ou falla de persoal sanitario.

No ámbito educativo, censurou, durante o goberno de Feijóo houbo “recortes na modernización do sistema educativo” e, no caso destes orzamentos, “os máis expansivos”, baixan contías “importantes” como a formación do profesorado.

UNHA GALICIA “MÁIS CATIVA”

Por último, Rodríguez Rumbo censurou a perda poboacional. “Dende 2009, segundo datos do IGE, temos 257 mil persoas menos de 20 a 39 anos”, alertou, e as partidas como servizos á xuventude, nestes orzamentos, diminúen.

“Non podemos permitirnos que a xuventude e o investimento que se fai nela coa formación siga dando os seus froitos fóra das nosas fronteiras”, sinalou. “Aquí non se lles ofrece un lugar estable para desenvolver o seu proxecto vital”, lamentou cando “queren volver a súa terra, pero non se lles dá posibilidades para volver”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18