Categorías: Actualidade

Martín Seco reclama un observatorio de prezos da carne e contratos homologados por enriba do custe de produción

O portavoz de Gandería do Grupo Socialista, Martín Seco, reclamoulle hoxe ao goberno galego que poña en marcha un Observatorio de prezos público para o sector da carne e impulsar contratos homologados con prezos estipulados por riba dos custes de produción. Así o dixo no debate dunha interpelación ao conselleiro do Medio Rural, a quen emprazou a responder ao SOS que está a enviar un sector “esencial para Galicia”.

O responsable socialista reclamoulle á Xunta que “faga efectivo o cumprimento da Lei de Cadea Alimentaria” tamén na carne “para garantir a supervivencia dos nosos gandeiros, que están a cobrar por debaixo dos custes de produción”. Reclamou ademais que “reactiven de forma excepcional a liña de axudas da covid, que eran insuficientes pero que axudaroin a paliar en parte as perdas das explotacións no primeiro ano da pandemia”.

Emprazou ao goberno galego a complementar con recursos propios as axudas directas habilitadas polo PDR, que eran de 24 millóns de euros pero das que a Xunta só empregou 7 millóns, “derivando o resto para outros sectores que poderían ter cuberto con fondos do Igape”.

Seco defendeu unha estratexia baseada na aposta por unha gandería extensiva de calidade, incentivar a investigación pública para aumentar a calidade, modernizar as canles de envasado e despece, e garantir a presenza da carne galega nas cadeas galegas e a súa expansión ao mercado exterior. Propuxo ademais a posta en marcha dunha lonxa agropecuaria de referencia que permita referenciar os contratos aos seus prezos.

Reclamoulle ao goberno galego unha liña de axudas excepcional, así como un plan específico de dimensionamento das explotacións de vacún de carne, e emprazou a Medio Ambiente a controlar a poboación de fauna urxente, cun novo Plan de xestión do lobo para Galicia acordado coas asociacións de defensa da especie, os gandeiros e os veterinarios.

Criticou que o goberno galego estea “de brazos cruzados” mentres “afunde” un sector integrado por 22.000 explotacións, das cales 11.000 son profesionais, e supón 20.000 postos de traballo. Alertou fronte ao desleixo do goberno galego, sumido na súa “festa da propaganda” mentres están en xogo “milleiros de ganderías tradicionais en toda Galicia, situadas nas zonas demograficamente máis sensibles das que depende o futuro do noso rural”.

Explicou que en 17 anos, o prezo que os gandeiros perciben pola carne que producen aumentou un 12 por cento, mentres o IPC aumentou un 33 por cento e os custes de produción un 38 por cento. Isto supón que, segundo un estudo de Unións Agrarias, producir un quilo de carne custa en torno a 5,5 euros por quilo canal, mentres as liquidacións “en ningún caso superan os 4,8 euros”, e a caída de ingresos do sector ascende aos 18 millóns de euros dende o inicio da pandemia.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13