Categorías: Actualidade

Martín Seco denuncia no Parlamento o nomeamento do ex alcalde de Fisterra como asesor no Agader

O portavoz de Medio Rural do Grupo Socialista, Martín Seco, anunciou hoxe unha ofensiva parlamentaria para que a Xunta dea conta do novo caso de nepotismo da Consellería de Medio Rural utilizando de novo o Agader. Se hai dúas semanas o sindicato CSIF desvelaba o nomeamento do ex parlamentario do PP Moisés Blanco como subdirector, desta volta é a quenda do ex alcalde de Fisterra, José Manuel Traba, como asesor.

O responsable socialista levará de novo á Cámara autonómica a situación do ente instrumental, que o conselleiro de Medio Rural está a converter nun “chiringuito para colocar aos seus compañeiros”. Ademais, apunta que este nomeamento como asesor, ademais dunha práctica politicamente deleznable, resulta que legalmente “non está permitida”, por canto as entidades públicas instrumentais non poden dispor de persoal eventual, segundo a Lei de Emprego Público.

Martín Seco censura que Medio Rural volva empregar á Axencia Galega de Desenvolvemento Rural –Agader- como mecanismo para situar a persoas sen cualificación profesional nin coñecemento do sector precisamente cando máis necesario é coa aplicación da próxima Lei de Recuperación da Terras. De novo, sinala, o PP quere utilizar un ente público para “colocar” a un ex alto cargo sen traballo coñecido “para consolidar a súa liberación no Concello”.

O parlamentario socialista acusou ao goberno galego de “tomar á lixeira” os requisitos legais e éticos á hora de “colocar aos amigos” por segunda vez en apenas dúas semanas. Se no caso do ex parlamentario e flamante novo subdirector “amañaron” o proceso selectivo para adaptar o cargo ás características do aspirante e non ao revés, desta volta retorcen a legalidade para adaptala ás aspiracións laborais dun representante político.

Así o dixo logo de realizar, onte, unha visita ao alcalde de Fisterra, o socialista José Marcote, na que “constatamos que algúns se dedican a traballar por Fisterra e os seus cidadáns e outros tan só queren vivir da política”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Julio Abalde reclama un plan específico para garantir un ensino “de calidade, inclusivo e equitativo” no rural galego

Acusa á Xunta de seguir un criterio “unicamente economicista” e advirte que o ensino de calidade “é imposible sen medios…

08/05/2024 19:10

O Partido Socialista de Galicia pedirá personarse na causa de Montoro polos chivatazos xudiciais contra Besteiro e Orozco

O Ministro do PP recibía con antelación información privilexiada de actuacións xudiciais contra os socialistas O secretario de organización do…

08/05/2024 12:21

O PP négase a apoiar no Parlamento unha proposta socialista pedíndolle á Xunta unha “reacción política” para impulsar a atención ás drogodependencias e reforzar a loita contra o narcotráfico

Paloma Castro advirte que o goberno galego está a incumprir o acordo parlamentario para asumir a xestión das Unidades de…

08/05/2024 11:00

Lara Méndez reclámalle á Xunta que apoie á viticultura heroica da Ribeira Sacra con recursos específicos para garantir a supervivencia da produción

Salienta a importancia desta modalidade produtiva para o mantemento da paisaxe e da poboación rural, e que sustenta a súa…

07/05/2024 18:33

Julio Abalde acusa á Xunta de responder con “medidas parciais e cosméticas” á caída estrutural da produción marisqueira

Reclama un Plan de axudas estables que permita a pervivencia do sector, que sufriu unha redución da produción de máis…

07/05/2024 17:21

Besteiro ve “con moita alarma” o descontrol que o Consello de Contas está detectando na contabilidade do Sergas

O secretario xeral do PSdeG reivindicou o potencial da industria galega durante a súa visita a TMC Cancela, unha empresa…

07/05/2024 16:05