Categorías: Actualidade

Marina Ortega urxe á Xunta a tomar “medidas de calado” para evitar as listas de agarda en dependencia

Insta ao goberno galego a implantar unha simplificación administrativa nos trámites de valoración da dependencia e dos Programas Individuais de Atención, así como a incrementar o persoal destes servizos para evitar as “pilas” de expedientes

A voceira de Política Social do Grupo Socialista, Marina Ortega, urxiu á Xunta a tomar “medidas de calado” para evitar as listas de agarda en dependencia que duplican o permitido pola lei. Fíxoo, na Comisión de Política Social do Parlamento, a través da presentación dunha pregunta oral ao goberno galego.

“A fórmula máis eficiente para arranxar esta circunstancia é investir en recursos humanos”, sentenciou a responsable socialista para incidir sobre a necesidade de aumentar o persoal destes servizos e evitar así as “pilas” de expedientes en Política Social. Trátase, sinalou, dunha “cuestión fundamental” que o Grupo Socialista leva demandando, no Parlamento, “demasiado tempo”.

Ao fío disto, subliñou que para aquelas persoas que están esperando unha resolución de grao, a dependencia é “unha cuestión moi importante” e quen pasa por un proceso de enfermidade ou ten algún tipo de doenza, realizar un proceso burocrático coma este “ás veces non é moi sinxelo”, polo que “é necesario” que se incrementen o número de técnicos dispoñibles.

Neste sentido, Ortega urxiu á Xunta a implantar unha simplificación normativa e administrativa tanto nos trámites de valoración do grao de dependencia como nos expedientes dos Programas Individuais de Atención (PÍA) que permitan un aumento na axilidade das resolucións, sen un detrimento da calidade das valoracións.

Por último, a responsable socialista sinalou os “problemas de base” do modelo de coidados en Galicia que se fixeron máis evidentes coa chegada da pandemia e lembrou que a nosa comunidade, a pesar de ser das máis envellecidas de España, é das que menos inviste por habitante en dependencia.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18