Categorías: Actualidade

Carmen Rodríguez denuncia no Parlamento o incumprimento por parte da Xunta dos acordos da Comisión de Política Forestal

A portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, denunciou hoxe o incumprimento por parte da Xunta dos acordos acadados en 2017 plasmados no ditame da Comisión de Estudo da Política Forestal, dos Incendios Forestais e do Plan forestal de Galicia. Rodríguez presentou unha proposición non de Lei en Comisión para reclamar o cumprimento do texto asinado e aprobado no Parlamento, que foi rexeitada polo PP.

A responsable socialista criticou que o goberno galego “só funciona por arroutadas, por impulsos e ocorrencias” e urxiu á “necesaria planificación e ordenación dos recursos forestais da nosa Comunidade Autónoma”, que supoñen as dúas terceiras partes da superficie total de Galicia. Reclamou “unha verdadeira ordenación integral e real do medio rural acorde coa normativa”, que garanta a “planificación do solo forestal, en sinerxia cos actuais distritos forestais”.

Alerta da “situación de debilidade de partida para o noso rural, posto que gran número de propietarios forestais descoñecen onde están ubicadas as súas parcelas, e outras moitas aparecen como de propiedade descoñecida”. Explicou que o 97 por cento das 2 millóns de hectáreas forestais son de propiedade privada, o 30 por cento de propiedade colectiva e o 70 por cento individual.

De aí, sinalou, “a necesidade de instar á Xunta a resolver este grave problema”, utilizando medios acaídos, coa elaboración dos Plans de Ordenación dos Recursos Forestais –PORF- en cada un dos 19 distritos de Galicia, tal e como figuraba nas conclusións da dita Comisión, que tamén contemplaba a aprobación do Pladiga por decreto.

Carmen Rodríguez explicou ademais que os PORF deberán especificar a delimitación territorial, as características socioeconómicas da zona, a descrición e análise dos montes e os seus recursos ou os aspectos xurídico – administrativos da propiedade forestal. Tamén inclúe o establecemento de modelos silvícolas orientativos, a zonificación por usos do territorio, a planificación de accións e os criterios de control, seguimento e avaliación do plan.

Reclamou a adecuación dos plans de prevención contra os incendios forestais á normativa vixente e o establecemento dos comités forestais de distrito como mecanismos de participación activa dos axentes forestais.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08