Categorías: Actualidade

Marina Ortega propón medidas para solucionar as listas de espera e a cobertura no servizo de Atención Temperá da Xunta, especialmente nas zonas rurais

Denuncia listas de espera dun ano e urxe ao goberno galego o acceso ao servizo “ao 100%” das nenas e nenos demandantes achegando máis recursos económicos e incrementando o persoal

Alerta da situación que están a vivir 24 nenas e nenos da Mancomunidade Conso Frieiras onde quedan sen servizo durante sete meses ao ano

A voceira de Política Social do Grupo Socialista, Marina Ortega, propuxo hoxe medidas para solucionar as listas de espera e a cobertura no servizo de Atención Temperá da Xunta, especialmente nas zonas rurais, logo de denunciar esperas dun ano neste servizo. Fíxoo, hoxe, a través da presentación dunha batería de iniciativas no Parlamento.

“O feito de que as listas de agarda demoren o acceso dunha persoa menor ao servizo de atención temperá pode supor un detrimento na súa propia saúde, nas facultades e no desenvolvemento desta ou deste menor nun momento vital e clave para o seu desenvolvemento”, alertou a dirixente socialista logo de lembrar que Galicia se atopa “á cola” cando “é a comunidade autónoma que menos inviste por habitante en situación de dependencia de toda España”.

Os problemas no servizo de atención temperá, lamentou, agrávanse nas zonas rurais, o que implica “unha vulneración da igualdade de oportunidades”, como ocorre, exemplificou, na Mancomunidade Conso Frieiras, que engloba os concellos de A Gudiña, Viana do Bolo, Vilariño de Conxo, Riós, A Mezquita e Manzaneda, onde as e os menores quedan directamente sen servizo de Atención Temperá durante sete meses o ano.

“Isto é intolerable”, subliñou a socialista, xa que obriga a 24 nenas e nenos e as súas familias a desprazarse ata Ourense ou pagar os servizos nunha clínica privada “para non perder anos fundamentais” para o desenvolvemento das e dos menores. “É preocupante que algunhas familias mesmo suspenden os tratamentos pola falla de recursos”, alertou.

A atención temperá refírese ao conxunto de intervencións dirixidas á poboación infantil de 0 a 6 anos, á súa familia e a súa contorna que teñen como obxectivo dar resposta, o antes posible, ás necesidades transitorias ou permanentes que presentan as nenas e nenos con trastornos no desenvolvemento ou con risco de padecelos.

PRETO DE 2.000 NENAS E NENOS MENORES DE 6 ANOS TEÑEN UN GRAO DE DISCAPACIDADE RECOÑECIDO

Ao fío disto, a deputada socialista lembrou que en Galicia hai preto de 2.000 nenas e nenos menores de 6 anos que contan cun grao de discapacidade recoñecido, o cal “dá mostra da necesidade e demanda social que este recurso xera na poboación e sempre tendo en conta que existe unha gran maioría de menores de seis anos que non conta cunha diagnose nin grao recoñecido”.

Por todo isto, Otero pediu á Xunta que deseñe, en colaboración coa FEGAMP, as estruturas necesarias que permitan o asentamento dos servizos de atención temperá “con carácter permanente e co persoal axeitado”, dotando ao programa de “recursos fixos e propios”, adaptando os recursos á poboación diana e ampliando progresivamente o apoio financeiro para garantir o acceso ao servizo “ao 100%” das nenas e nenos demandantes do mesmo.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O Parlamento aproba a proposta socialista para instar á Xunta a promover políticas que impulsen a incorporación da muller ao traballo de calidade

Carmen Rodríguez Dacosta criticou que o PP, cando chegou ao Goberno no 2009, “eliminou todas as políticas de igualdade no…

14/05/2024 20:09

O PP vota no Parlamento en contra das bonificacións ás peaxes

Carlos López Font presenta no Parlamento como emenda o acordo de investidura coa proposta “sensata e coherente” para ir cara…

14/05/2024 19:35

O Parlamento aproba unha proposta socialista para reclamarlle ao PP que levante o bloqueo á renovación do CXPX

Paloma Castro denuncia a “utilización política” con Consello Xeral do Poder Xudicial por parte do PP e reclámalles que cumpran…

14/05/2024 19:23

Silvia Longueira reclama un novo modelo de atención temperá ampliando o servizo de acordo co sector asociativo

Apunta ao reaxuste do modelo como “momento óptimo para atender ás demandas de tódalas asociacións que traballan pola plena inclusión”…

14/05/2024 14:19

Besteiro pide o consenso parlamentario para defender a oficialidade do galego na Unión Europea

O voceiro do Grupo Socialista sinalou, nunha comparecencia acompañado polo eurodeputado Nicolás González Casares, a necesidade dun acordo de país…

13/05/2024 16:56

Carmen Dacosta cualifica de “incoherente e lesiva” a extinción da Axencia Galega da Industria Forestal por parte da Xunta

Considera “un gran paso atrás” a supresión do organismo para traspasar as competencias á Consellería de Economía   A portavoz…

12/05/2024 11:00