Categorías: Actualidade

Marina Ortega alerta alerta da redución dos orzamentos para Xuventude e da involución do modelo de coidados da Consellería de Política Social

A portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Marina Ortega, alertou hoxe de que “outro ano máis baixan os orzamentos destinados á xuventude” por parte da Xunta. Así o dixo na presentación en Comisión dos Orzamentos de Política Social para o próximo ano, nos que reducen os gastos previstos para os principais programas do ámbito social.

Lamentou que o goberno galego vaia “en contra da necesidade de apostar pola xuventude”, que é un dos segmentos de poboación mais afectados pola crise”. Sinalou que “investir en infancia e xuventude sempre será aforrar no futuro”, e advertiu que “non podemos mirar para outro lado cando a mocidade galega ve a emancipación como unha utopía imposible, e o goberno galego, en lugar de apoialos, o que fai é “poñerlles as maletas na porta e amosarlles a saída” de Galicia.

Sinalou ademais que, en contra da publicidade do goberno galego, o programa que máis baixa é o de apoio á conciliación á vida laboral e persoal, cun 25,3 por cento menos para o próximo ano, e esixiulle á conselleira que “detallen onde van investir o que detraen desta partida”.

Apuntou á redución nun 20 por cento das partidas do programa de protección e inserción social e das pensións asistenciais, así como do retroceso no programa de servizos a persoas maiores e con discapacidade, que cae nun 14, 6 por cento. Sinalou tamén a diminución do 7,6 por cento nos programas de prestación ás familias e á infancia, e esixiu “non que manteñan, senón que incremente de inmediato esta partida e todo o que poida ir encamiñado cara á infancia”.

Coidados deshumanizados

Marina Ortega acusou hoxe á conselleira de Política Social de “distorsionar un novo modelo de coidados, tecnificando en lugar de humanizar as residencias”.  censurou a introdución de robots xaponeses ao coidado das persoas maiores, como sinalaban os medios de comunicación hai dúas semanas, que “nunca substituirán á calor humana dunha auxiliar ou profesional do sector”.

Denunciou que este proceso coincide coa “involución no sistema sanitario ordenando que un administrativo decida unha cita presencial ou non presencial, e onde as listas de agarda “cada vez nos separan máis dos nosos dereitos”.

Sinalou que “a Consellería de Política Social en clave transversal e coordinada co resto de departamentos debera ser protagonista para blindar á parte da sociedade máis vulnerable, e sobre todo e ante todo á mocidade e á infancia”, cun modelo que “humanice os coidados por riba de todo”. Criticou que en plena etapa de reactivación “non observamos uns presupostos adaptados a estas circunstancias”, senón máis ben no sentido contrario.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02