Categorías: Actualidade

“Luz, transparencia e certezas” sobre as “consecuencias fatais” dos recortes na sanidade

O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, reclamou hoxe “luz, transparencia e certezas” na Comisión de Investigación sobre os recortes na sanidade. Así o dixo logo da constitución deste órgano, hoxe no Parlamento, e advertiu fronte aos “vetos” anunciados polo PP dende o momento do anuncio da Comisión.

O responsable socialista reclamou un traballo “eficiente e áxil pero completo” para determinar a situación real do sistema sanitario e das “consecuencias fatais” derivadas da política de recortes da Xunta. Aludiu así ao falecemento en agosto dun paciente no Punto de Atención Continuada Estrada no pasado mes de agosto porque “non había asistencia médica por decisión previa de quen dirixe e xestiona o sistema”.

Apuntou tamén ás consecuencias da decisión do goberno galego de escatimar o tratamento de Hepatite C aos enfermos galegos, ás mulleres que viron retrasados os seus procesos de interrupción voluntaria do embarazo, ou ao falecemento de persoas en rueiros dos hospitais pola saturación nos picos da gripe.

Tamén puxo como exemplo de “ineficiencia da xestión” aos millóns de euros transferidos para a construción privada do Hospital de Vigo, onde “a empresa que o construíu segue a ter decisións sobre a calidade asistencial”.

Apuntou que “todos estes casos e moitos máis permitirán realizar unha valoración correcta e completa do sistema para coñecer das eivas dun sistema que a xente percibe como en decadencia” polos recortes aplicados polo PP. Aludiu así ao último barómetro sanitario do CIS, do ano 2017, no que a sanidade galega resultou a terceira peor valorada do Estado, acadando con Feijóo o seu “peor momento histórico”.

Sinalou que “este sistema ten quen o defenda e quen cre nel”, e sinalou a “necesidade de reforzar o sistema sanitario público”, que é percibido como propio pola cidadanía dende a súa posta en marcha nos anos 80, e ao mesmo tempo un dos que máis problemas sofre polas políticas de recortes do PP.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04