Categorías: Actualidade

Luis Álvarez sinala que “Galicia ben merece outro tipo de goberno” logo do proxecto “esgotado” do PP, que deixa como balance “unha estrada chea de curvas e de fochancas”

O portavoz do grupo Socialista sinala que a Feijóo “acaba de caerlle a careta” co seu NON ao decreto de medidas contra a crise: “é igual que Casado, vota o mesmo e fai as mesmas cousas”

O portavoz do Grupo Socialista no Parlamento de Galicia, Luis Álvarez, sinalou hoxe que “Galicia ben merece outro tipo de goberno” logo da etapa de Feijóo, que deixa como balance “unha estrada chea de curvas e de fochancas”. Así o dixo logo da dimisión do actual presidente da Xunta, que deixa un “proxecto esgotado, falto de ideas e carente de valentía na toma de decisións”.

O responsable socialista sinalou que “Galicia ben merece un goberno e un presidente sometidos á consideración dos galegos e das galegas, e non a alguén que sexa escollido por Baltar e outras tres persoas reunidas en torno a unha mesa camilla”. O resultado, dixo, será “mais do mesmo, que é o que aprendeu e o que vai facer Rueda”, e defendeu polo contrario “un goberno que volva crer nas potencialidades do país”.

Luis Álvarez reivindicou unha alternativa que garanta “o desenvolvemento da industria e da xeración de enerxía, que crea na garantía do público, e non do privado, para a prestación de servizos”.

Dixo que Feijóo “hai xa moito tempo que renunciou a exercer como presidente deste país”, demostrando que “Galicia era pouco máis que o eslogan dunha campaña electoral”, e coa súa renuncia demostra que “o seu horizonte político sempre estivo en Madrid”. Iso explica o “feble” do seu legado, cunha sanidade “moi deteriorada, convertida nunha mera liña de atención telefónica”, unha educación “máis mermada, con menos colexios no rural e 1.400 profesores menos”.

O mesmo sucede coa rede de atención a maiores e dependentes, “claramente insuficiente e posta en mans da iniciativa privada”, cun déficit de 14.000 prazas en residencias de maiores. Unha Galicia, dixo, na que dous de cada tres euros de débeda corresponden á etapa de Feijóo, e que deixou 12.000 millóns de euros sen executar, o equivalente ao Orzamento da Xunta para un ano completo.

Igual que Casado

O portavoz do Grupo Socialista criticou o voto do PP en contra do decreto de medidas contra a crise, onte no Congreso, co que “a Feijóo acaba de caerlle a careta” e demostra que “é igual que Casado: vota o mesmo e fai as mesmas cousas. Representa ao PP do NON, o OPP da caverna e da involución”. A súa postura de onte, dixo, demostra que “PP e Vox son dúas forzas politicamente siamesas, fan o mesmo e actúan igual”.

Lamentou que se volta aliñar coa estrema dereita “para tumbar medidas que redundan no benestar da xente e que foron negociadas para mitigar o impacto da guerra de Putin e da escalada de prezos”. O mesmo, continuou, que coa reforma laboral, cando “PP e Vox aplaudían xuntos pensando que acababan cunha medida concibida para poñerlle coto aos contratos temporais ou por horas, demostrando que non queren estabilidade laboral nin contratos indefinidos”.

Fixérono de novo onte, dixo, “cando as dúas forzas politicamente siamesas, xunto a estraños convidados como ERC ou Junts, sintonizaron para intentar tumbar un decreto polo que agardaban os gandeiros, os pescadores, os transportistas ou os autónomos, todos eles sectores fundamentais para a economía galega”.

Consecuencias

O seu non, dixo, “provocaría que todos tivéramos que pagar o gasoil 20 céntimos máis caro, impediría baixar á metade o IVE da electricidade, negaría o aumento do 15 por cento no Ingreso Mínimo Vital, frear a suba dos alugueiros ou non existiría unha inxección de 450 millóns para os transportistas, 363 par aos agricultores e 68 para a pesca”.

O de onte foi un “triste comezo para Feijoo”, engadiu, que “amosa claramente que quen segue a marcar as políticas do PP é Díaz Ayuso”, logo de votar que non a pesares de que o goberno si que atendera á súa petición de tramitar o decreto como proxecto de Lei. Advertiu de que foi o seu “dedazo de última hora”, o que optou polo NON no botón das votacións cando “todo o grupo parlamentario do PP asumía que se ía abster”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24