Categorías: Actualidade

Luis Álvarez presentará un programa alternativo de goberno “real e factible” na súa intervención no debate de Investidura

O portavoz do Grupo Socialista defende un “modelo diferente de xestión” que “garanta a permanencia dos sectores estratéxicos” e reforce os servizos públicos

O portavoz do Grupo Socialista, Luis Álvarez, empregará a súa intervención na segunda sesión do debate de investidura para debullar as liñas mestras dun programa alternativo de goberno “real e factible”. O responsable socialista está a artellar un discurso que ofreza unha política alternativa que garanta o desenvolvemento dos sectores estratéxicos logo de 13 anos de esmorecemento pola xestión do goberno do PP.

Álvarez presentará “propostas de futuro concretas que ilusionen á sociedade galega”, e que permitan pensar nunha “Galicia innovadora” fronte á mensaxe “carente de ilusión e de contido” despregada onte martes polo candidato do PP. Propón un modelo de país “dinámico e moderno, no que a xuventude poida despregar o seu talento dentro de Galicia”, e que “ningunha rapaza ou rapaz que queira desenvolver o seu proxecto vital no seu país teña que renunciar e marchar”.

Plantexará un proxecto “viable” dentro do modelo socialdemócrata diferenciado das políticas neoliberais fronte a “outros modelos que plantexan ou ben escenarios continuistas claramente esgotados ou ben plantexamentos directamente inviables”. Os socialistas galegos reivindican un modelo de desenvolvemento económico sostible, racional e que respecte o medio ambiente de acordo co marco europeo de enerxía verde e economía circular.

O obxectivo, sinala, é “crear un país que funciona e estea en marcha, cos sectores produtivos activos”, cun goberno galego que exerza as súas competencias propias para que iniciativas empresariais industriais básicas para Galicia, como o caso de Stellantis ou o novo emprazamento de Altri, conten co respaldo conxunto dos gobernos autonómico e estatal.

Luis Álvarez presenta nu modelo de desenvolvemento económico que empregue as competencias propias do goberno galego para responder á situación provocada pola saída da crise provocada pola pandemia da covid e ás dificultades xeradas polas consecuencias da invasión de Ucraína por parte de Putin.

Os socialistas galegos apostan ademais por proxectos transformadores das materias primas galegas, que deixen valor engadido en Galicia, como o caso do leite ou a madeira. Álvarez reivindicará un modelo de infraestruturas renovado ao nivel do século XXI, cun AVE interconectado con lanzadeiras que cheguen a todo o territorio autonómico.

A alternativa socialista, explica, pasa pola aposta firme polo coñecemento e a innovación tecnolóxica, que reivindica o obxectivo da Carta de Lisboa de destinar o 3 por cento do PIB á I+D+i, apostando polos centro de investigación.

Políticas sociais

Luis Álvarez levará á sesión de investidura unha proposta alternativa de goberno que incorpora o reforzo dos servizos públicos, sinaladamente á Atención Primaria, que “nunca estivo tan mal” logo de 13 aos de recortes por parte dos gobernos do PP. Tamén proporá “remodelar o sistema educativo”, repoñendo as 1.835 prazas de profesores e profesoras que desapareceron durante a etapa de goberno de Feijóo.

Reivindica tamén un “pacto pola protección social” dos maiores, cun novo modelo no que “a titularidade pública garanta a boa xestión e o bo coidado, e que non se repitan situacións dramáticas derivadas do mercantilismo das residencias de maiores” como sucedeu durante a pandemia.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08